viernes, 18 de febrero de 2011

galegoespañol

Taller de Manitas

PRIMAVERA 2011

:· APÚNTATE
INSCRICIÓN
Para participar hai que inscribirse previamente nun dos grupos correspondentes: mozos ou adultos


Teléfono 981 18 98 40 (de 9 a 14 horas).
Correo electrónico teresag@casaciencias.org
Máximo de 10 participantes por grupo.

PREZO
Actividade gratuíta. Ao final do taller entregarase diploma de asistencia.

CANDO E ONDE
Duración: 6 sesións de 1h 30min.
Na Domus. Cada grupo terá unha sesión por semana, os mércores ou xoves pola tarde.

  • 2ª edición: ABRIL-XUÑO 2011
    Os Mércores 27 de abril, 4, 11, 18, 25 de maio e 8 de xuño.
    Grupo 5 (adultos) 17:00 — 18:30
    Grupo 6 (mozos) 19:00 — 20:30
    Os Xoves 28 de abril, 5, 12, 19, 26 de maio e 9 de xuño.
    Grupo 7 (adultos) 17:00 — 18:30
    Grupo 8 (mozos) 19:00 — 20:30






  • «Taller de Manitas» é unha experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas da Domus

    O obxectivo desta actividade é fomentar as vocacións científicas e poñer en práctica a capacidade innovadora, así como potenciar que os participantes poñan en práctica a súa creatividade para resolver os problemas que se van presentando.

    Esta experiencia preséntase como un complemento da exposición "Eureka!", sobre ciencia e creatividade producida polos Museos Científicos Coruñeses, e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

    Os talleres partirán dunha proposta inicial de proxectos que se debaterá co grupo, buscando o máximo grao de implicación dos participantes. Ao longo do proceso traballarase sobre as propostas de contidos e as solucións construtivas, modificándoas, adaptándoas e mellorándoas. Ao finalizar a actividade, os traballos realizados presentaranse ao público na Domus.

    PROXECTOS:
    - Construción de maquetas a diferentes escalas: a miña cidade, o meu barrio, a miña rúa, a miña casa, o meu cuarto... Desde unha maqueta da cidade da Coruña cos seus edificios emblemáticos, á da rúa ou praza que seleccione o grupo, ou a dunha vivenda.

    - Realización dunha maqueta tridimensional decorada de zonas próximas á cidade ou paraxes naturais sinaladas de Galicia.

    - Construción do esteiro dun río.

    - Construción dun simulador de ondas e tsunamis.

    - Construción de foguetes.

    - Construción dun motor Stirling.

    - Construción dunha maqueta de vivenda sostible (con instalacións de enerxía solar e eólica).

    - Construción dunha central mixta solar e eólica, sobre a base dunha torre árabe de refrixeración.

    - Construción de cúpulas xeodésicas.



     

    © 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións