2011
:· EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
28 abril - 26 maio 2011
FINALIZADA
O ticket de entrada ao acuario dá acceso á exposición (ver horarios e prezos).
Tamén pode visitarse gratis os días:
7 de maio
Día da Ciencia na Rúa
18 de maio
Día Internacional dos Museos
Colección das fotos gañadoras da 54ª edición de "World Press Photo", o certame de fotografía de prensa máis importante do mundo: no 2010 alcanzouse un récord de participación, con 108.059 imaxes presentadas a concurso, realizadas por 5.847 fotógrafos de 125 nacionalidades diferentes.
O Aquarium Finisterrae estrea en España "World Press Photo 2011", o mellor retrato posible da humanidade neste momento.>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
28 abril - 26 maio 2011
FINALIZADA
O ticket de entrada ao acuario dá acceso á exposición (ver horarios e prezos).
Tamén pode visitarse gratis os días:
Día da Ciencia na Rúa
Día Internacional dos Museos
Colección das fotos gañadoras da 54ª edición de "World Press Photo", o certame de fotografía de prensa máis importante do mundo: no 2010 alcanzouse un récord de participación, con 108.059 imaxes presentadas a concurso, realizadas por 5.847 fotógrafos de 125 nacionalidades diferentes.
A exposición, que estará no acuario coruñés durante catro semanas, recolle as mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo, premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa.

A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea Jodi Bieber que mostra a unha muller de 18 anos, Aisha Bibi, da provincia de Oruzgan, en Afganistán, que fuxiu da casa do seu marido á casa da súa familia, queixándose do trato violento recibido. Os talibáns chegaron unha noite, esixindo que Bibi fose axustizada. Pouco despois, un comandante talibán pronunciou o seu veredicto, e mentres o seu cuñado a agarraba, o marido cortoulle as orellas e o nariz. Aisha foi abandonada, pero máis tarde foi rescatada por cooperantes e militares estadounidenses. Despois dun tempo nun refuxio para mulleres en Kabul, foi levada a Estados Unidos, onde foi tratada das súas feridas e sometida a cirurxía reconstructiva. Aisha Bibi vive hoxe nos EUA.
Os galardoados, cuxos traballos compoñen a exposición, foron 55 fotógrafos de Australia, Bangla Desh, Brasil, Canadá, China, Dinamarca, Francia, Alemaña, Haití, Hong Kong, Hungría, India, Indonesia, Irlanda, Israel, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Somalia, Sudáfrica, España e Estados Unidos.
En worldpressphoto.org podes ver unha GALERÍA DAS FOTOS DA EXPOSICIÓN, premiadas nas 10 categorías do concurso:
* Noticias de actualidade
* Temas de actualidade
* Personaxes de actualidade
* Deportes e fotografías de acción
* Reportaxes de deportes
* Temas contemporáneos
* Vida cotiá
* Retratos
* Arte e entretemento
* Natureza








