UNHA HOMENAXE A CAJAL
:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
A Domus presenta unha colección de sorprendentes e belas imaxes científicas que recordan ás obras de artistas. >> Domus
Planta baixa
3 maio - 13 agosto 2011
FINALIZADA
VISITAS ESCOLARES:
Previa cita no teléfono 981 189848
Do 3 de maio ao 20 de xuño
De martes a venres, de 10:00 a 13:00 h
VISITAS GUIADAS:
Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Venres, sábado e domingo, ás 12:30 e 17:30
Paisaxes neuronais explora a evolución do coñecemento do sistema nervioso desde tempos de Cajal ata hoxe.
Unha selección de 21 imaxes inéditas realizadas con técnicas de vangarda por neurocientíficos de todo o mundo. Cada unha das 21 imaxes da exposición vai acompañada por textos creados por pintores, escritores, filósofos e outros intelectuais, que expresan o que lles suxiren esas imaxes de estudos científicos.
Unha exposición producida por:

Planta baixa
3 maio - 13 agosto 2011
FINALIZADA
VISITAS ESCOLARES:
Previa cita no teléfono 981 189848
Do 3 de maio ao 20 de xuño
De martes a venres, de 10:00 a 13:00 h
VISITAS GUIADAS:
Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Venres, sábado e domingo, ás 12:30 e 17:30
Paisaxes neuronais explora a evolución do coñecemento do sistema nervioso desde tempos de Cajal ata hoxe.
Unha selección de 21 imaxes inéditas realizadas con técnicas de vangarda por neurocientíficos de todo o mundo. Cada unha das 21 imaxes da exposición vai acompañada por textos creados por pintores, escritores, filósofos e outros intelectuais, que expresan o que lles suxiren esas imaxes de estudos científicos.
Unha exposición producida por:

A mostra «Paisaxes neuronais» pode manifesto a proximidade entre a arte e a ciencia. E, ao mesmo tempo, reflicte que o debuxo científico é unha ferramenta imprescindible para moitas especialidades. No caso concreto do estudo do sistema nervioso, este progresou grazas á evolución tanto das técnicas de magnificación como das de representación.

O mesmo Santiago Ramón y Cajal, considerado como o pai da neurociencia moderna, usou o debuxo para describir por primeira vez as células nerviosas, ás que denominou neuronas. A exposición mostra como, un século máis tarde, segue usándose a metodoloxía de Cajal:
- mirar e debuxar
- mirar e fotografar
- mirar e interpretar
As 21 imaxes seleccionadas proceden da investigación científica de vangarda, fundamental tanto para a comprensión científica como para a intuición artística. Foron seleccionadas entre 433 imaxes enviadas por 62 laboratorios de neurociencias de todo o mundo, que empregan métodos de tinción tradicionais e modernos para revelar a estrutura do cerebro.
A mostra foi organizada por Obra Social "la Caixa", baixo a dirección científica de Javier de Felipe, do Instituto de Neurobioloxía Ramón y Cajal, e de Henry Markram, director do Brain Mind Institute de Lausanne. Contou coa colaboración do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), IBRO (Organización Internacional para a Investigación do Cerebro).
Santiago Ramón y Cajal, pai da neurociencia moderna
O xenio de Cajal consistiu en ser un extraordinario observador e intérprete das imaxes microscópicas. Creador da teoría da neurona e da importante escola histolóxica española, os seus estudos provocaron un cambio radical no curso da historia da neurociencia. Por este motivo, Cajal recibiu en 1906 o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía.





