jueves, 30 de junio de 2011

galegoespañol

Fotógrafos da Natureza

2011

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
1 xullo - 19 decembro 2011
FINALIZADA

Gañadores e finalistas da 46ª edición de "Wildlife Photographer of the Year", o certame de fotografía de natureza máis importante do mundo: máis de 31.152 concursantes de 81 países, repartidos en 15 seccións.

Co patrocinio de:

Cada ano, miles de fotógrafos de todo o mundo —profesionais e afeccionados, nenos e adultos— participan no concurso Wildlife Photographer of the Year, que organizan a BBC e o Natural History Museum de Londres desde 1964.

E cada ano a sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae estrea en España unha selección das mellores fotografías do prestixioso concurso. Entre eles hai 6 españois, dous dos cales obtiveron o primeiro premio en 2 das 15 categorías que se contemplan: Francisco Mingorance, en Forma e composición, e Jordi Chías Pujol, en Premio Planeta Terra.

Fotodiversidade natural

As imaxes da exposición conforman un conxunto de memorables retratos, extraordinarias instantáneas e impresionantes paisaxes que recordan o esplendor, dramatismo e variedade da vida no noso planeta.

"Teatro de sombras", de Bence Máté.

WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR. Máté quería fotografar ás formigas zompopas ou cortadoras de Costa Rica, pero o principal problema era que a maior actividade cortadora de follas realizábase no máis alto das árbores. Unha noite, tras seguir ás filas de formigas durante varias horas, puido atopar unha columna que estaba traballando nas ramas accesibles dun arbusto.


"Lenzo da natureza", de Francisco Mingorance.

FORMA E COMPOSICIÓN. Esta é unha sección para imaxes nas que o fotógrafo sorprende con novas formas artísticas de explorar a natureza con imaxes figurativas, abstractas ou ambiguas.


"Almorzo do Nadal", de Bridgena Barnard.

COMPORTAMENTO ANIMAL. As imaxes desta categoría han de mostrar acción. Engloba tres apartados: Mamíferos, Aves, e Outros animais.


"Agasallo efémero", de Frédéric Demeuse.

ELOXIO DAS PLANTAS (E FUNGOS). Esta modalidade pretende exhibir a beleza e importancia das plantas e fungos, mostrando primeiros planos delas ou resaltándoas como parte esencial do seu hábitat.


"Tras o depredador", de Eirik Grønningsæter.

RETRATOS DE ANIMAIS. Unha categoría na que se capta o carácter ou a esencia dun animal de forma orixinal e única.


"Esperando a tormenta", de Antonio Busiello.

NATUREZA EN BRANCO E NEGRO. Prémiase nesta categoría imaxes de calquera ser vivo ou paisaxe que demostren o coñecemento e uso artístico do medio en branco e negro.


"Tartaruga en problemas", de Jordi Chías Pujol.

PREMIO PLANETA TERRA. As fotografías desta sección deben provocar no espectador unha sensación de respecto pola natureza ou preocupación pola nosa capacidade de destruíla.



"Momento conxelado", de Fergus Gill.

PREMIO YOUNG WILDLIFE PHOTOGRAPHER
OF THE YEAR
Este premio concédese á fotografía máis impactante de todos aqueles que participaron nas diferentes categorías para menores de 17 anos.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións