DESCOBRE O ÚLTIMO EN INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA
:· OBRADOIROS EXPERIMENTAIS
Xplore Health é un proxecto europeo coordinado polo Parque Científico de Barcelona para construír un portal online sobre a investigación máis actual en saúde.Na Domus haberá 5 eventos Xplore Health:
1. Como se desenvolven os fármacos?
21 e 23 xuño 2011 Experiencia para sintetizar un dos compoñentes dun fármaco contra o Parkinson.
Cada evento consiste nun laboratorio aberto + unha actividade de diálogo.
Nos eventos participarán as escolas pilotos do proxecto: IES Monte Castelo (Burela), IES Maximino Romero de Lema (Baio), IES Moncho Valcarce (As Pontes), IES David Buján (Cambre), IES Sardiñeira (A Coruña).
= comité de actividades
Este comité do proxecto Xplore Health ten cinco membros que representan a diferentes museos de Europa:

- España: Domus (A Coruña)
- Francia: Jardin des Sciences (Estrasburgo)
- Polonia: Copernicus Science Centre (Varsovia)
- Reino Unido: Centre for Life (Newcastle)
- Reino Unido: At-Bristol (Bristol)
O portal conterá ferramentas multimedia para implicar á poboación en xeral, e realizará actividades en museos de ciencia e escolas para estimular o interese da sociedade en investigación en saúde, e os seus aspectos legais, éticos e sociais.
Ao longo do proxecto organizaranse actividades en museos e escolas de toda Europa, entre eles a Domus da Coruña, en paralelo cunha intensa promoción a nivel europeo.
Álbum de "Xplore Health" en flickr.com
Os primeiros contidos do portal xa están dispoñibles en xplorehealth.eu
As ferramentas desenvolvidas polo proxecto incluirán:
- Videos: onde se fará unha presentación a un tema de saúde, con información tanto do estado previo como da actualidade na investigación. Os contidos desenvolveranse a partir de entrevistas a científicos europeos.
- Xogos de diálogo: estas ferramentas poñen en xogo situacións onde diferentes opcións e eleccións están dispoñibles. A través do diálogo os participantes comprenden a complexidade das políticas sanitarias. Para o proxecto deseñaranse oito xogos que serán traducidos a varios idiomas.
- Experimentos que se desenvolverán en diferentes laboratorios abertos en Europa, convidando o público a participar na investigación máis actual en saúde.
- Experimentos virtuais: unha oportunidade para o usuario para recrear virtualmente experimentos.
- Animacións para explicar proxectos e conceptos científicos con gráficos interactivos.
- Paquetes educativos qque serán desenvolvidos tanto para público escolar como xeral.