CINCO FITOS NA EVOLUCIÓN HUMANA
:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
A Obra Social “la Caixa”, o Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses presentan a exposición «Orixes. Cinco fitos na evolución humana». A mostra estrutúrase en cinco ámbitos que presentan momentos clave na evolución da humanidade. Un camiño que diversas especies do noso xénero percorreron con maior ou menor éxito.ONDE?
Xardíns de Méndez Núñez
A Coruña
CANDO?
FINALIZADA
27 setembro—1 novembro 2011
Luns a venres,
12:30-14:00 e 17:00-21:00
Sábados, domingos e festivos,
11:00-14:00 e 17:00-21:00
PREZO Entrada GRATUÍTA
VISITAS ESCOLARES Previa cita, no teléfono 902 906666
VISITAS GUIADAS Sábados, domingos e festivos: 12:00 e 18:00
MÁIS INFORMACIÓN
Web da exposición
Unha exposición producida por:
Coa colaboración de:


Xardíns de Méndez Núñez
A Coruña
CANDO?
FINALIZADA
27 setembro—1 novembro 2011
Luns a venres,
12:30-14:00 e 17:00-21:00
Sábados, domingos e festivos,
11:00-14:00 e 17:00-21:00
PREZO Entrada GRATUÍTA
VISITAS ESCOLARES Previa cita, no teléfono 902 906666
VISITAS GUIADAS Sábados, domingos e festivos: 12:00 e 18:00
MÁIS INFORMACIÓN
Web da exposición
Unha exposición producida por:
Coa colaboración de:


A preocupación por establecer a liña evolutiva do home foi unha constante na súa historia e aínda que os novos achados moitas veces poñen en dúbida certos aspectos da evolución humana, o que si parece certo é que o proceso de hominización e humanización que viviu a Terra empezou hai máis de 4 millóns de anos.

O bipedismo, a fabricación das ferramentas, o dominio do lume, a autoconciencia e o coñecemento abstracto son cinco factores transcendentais que cambiaron o curso da evolución humana.
A exposición «Orixes» reconstrúe distintas etapas da evolución, as formas de vida dos diferentes homínidos de hai 10 millóns de anos, cando o Dryopithecus poboaba as selvas húmidas de Europa, ou de hai 35.000 anos, cando o Homo sapiens realizaba as pinturas rupestres nas covas.
A mostra combina o rigor científico cunha vontade divulgativa: escenografías de tamaño natural, reproducións realistas de individuos das distintas especies, son algúns dos elementos museográficos que constitúen a exposición.
Fitos
Hai uns 10 millóns de anos, un antepasado euroasiático, o Dryopithecus (mono das árbores, en grego) desenvolveu a braquiación, unha maior lonxitude da man, uns brazos máis longos que as pernas, unha columna vertebral máis curta e ríxida, un tórax ensanchado... Desta forma puido desprazarse colgado das ramas e escapar dos depredadores do chan.

Hai 6 millóns de anos, os cambios climáticos provocaron a redución das selvas húmidas, o que motivou novas necesidades nos antropoides, como o cambio de hábitat ou a necesidade de baixar ao chan e desenvolver novos mecanismos defensivos. O bipedismo permitiu aos primates dominar un horizonte máis afastado, desprazarse máis eficazmente e asegurarse a alimentación. Ademais, o feito de ter as mans libres facilitaba a recolección e o procesamiento dos alimentos.
As ferramentas
O que distingue ao xénero Homo dos homínidos anteriores é a capacidade de fabricar ferramentas a partir de obxectos naturais. Esta é a primeira mostra de adquisición cultural e irá seguida en pouco tempo de todas as demais. A linguaxe e o aumento do tamaño do cerebro evolucionaron conxuntamente, en interacción coa produción de ferramentas. As ferramentas permiten cazar e descortizar as presas. A mellora na dieta e o consumo de carne permitiron un maior desenvolvemento cerebral e á súa vez un desenvolvemento tecnolóxico.
O lume
O control do lume é unha das conquistas culturais máis importantes na evolución humana. As probas máis antigas deste control remóntanse a hai case 500.000 anos. O dominio do lume representou unha auténtica revolución nas comunidades primitivas. Permitiu asar os alimentos, conservalos e mellorar con iso a dieta. Tamén facilitou a conquista de novos territorios e a posibilidade de defenderse dos depredadores. As relacións sociais víronse favorecidas co aumento das horas de luz.
A autoconciencia
Os primeiros enterramentos humanos infórmannos da aparición dun comportamento simbólico. O home, por primeira vez, ten conciencia da súa propia existencia, experimenta angustia ante a morte e pregúntase polo máis aló. Os neandertales enterraban aos seus mortos preto do seu propio hábitat, en tumbas ben visibles e colocándoos en posición fetal. O morto, ademais, recibía un tributo simbólico en forma de ofrenda.
Símbolo... o principio do coñecemento abstracto
A aparición da linguaxe simbólica demostra a complexidade da mente humana e a súa capacidade de abstracción. A partir deste primeiro paso, desenvolverase a linguaxe, a arte e a civilización. As obras de arte primitiva tiñan unha función estética, mística e de cohesión social. O Homo sapiens desenvolveu unha gran variedade de formas artísticas, como a pintura nas paredes das covas, o modelado de arxila, a talla e o gravado.
:· PARA SABER MÁIS
Homínidos e homínidas | Domus
Sección sobre Evolución humana na Casa do Home da Coruña
Recursos dixitais: Evolución | e-Museo (=mc2)
Materiais didácticos relacionados coa evolución: vídeos, interactivos, conferencias, monografías, cadernos, preguntas, etc.
Sección sobre Evolución humana na Casa do Home da Coruña
Recursos dixitais: Evolución | e-Museo (=mc2)
Materiais didácticos relacionados coa evolución: vídeos, interactivos, conferencias, monografías, cadernos, preguntas, etc.