martes, 8 de noviembre de 2011

galegoespañol

Atapuerca

"ARCO DA VELLA DA EVOLUCIÓN HUMANA"

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Planta baixa
8 novembro 2011 - 15 xaneiro 2012
FINALIZADA

"Atapuerca, Arco da Vella da evolución humana" é unha selección de 19 acuarelas nas que están presentes de forma recorrente os lugares, os achados, a actividade humana e os animais e plantas que conviven coas escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Serra de Atapuerca.

Unha exposición producida por:

A Domus presenta unha exposición de acuarelas do naturalista Fernando Fueyo, que retrata a contorna natural e humana dos xacementos da Serra de Atapuerca



O autor achega unha visión inédita, sendo capaz de sintetizar coa súa pintura os sentimentos e o rigor dos que investigan e defenden os recursos naturais, ao mesmo tempo que descobre a plasticidade e beleza que rodea o proceso de investigación do coñecemento sobre a evolución humana.

Fernando Fueyo (Vilaller, Lleida, 1945), está considerado como un dos máis destacados ilustradores científicos de natureza do noso país. É colaborador habitual de publicacións como Quercus, Biológica, Natura ou Muy Interesante.

Desde hai máis de trinta anos veu desenvolvendo un inxente traballo de divulgación e defensa do patrimonio natural. Ademais de libros e cadernos divulgativos, de viaxes e ilustracións científicas, Fernando Fueyo expuxo a súa obra en Xapón, Alemaña e Portugal.

Foi distinguido con diversos premios internacionais como o da Sociedad Científica de la Ciencia y la Ilustración. Tamén foi galardoado co premio da Sociedad Geográfica Nacional.


«As contornas contribúen de maneira moi específica á realidade. Fernando Fueyo, sen dúbida consegue que traspasemos a realidade a través das súas figuras e a forza da súa cromatismo. As ciencias da Vida e da Terra necesitan expresión plástica para poder comunicar a natureza. Nós os humanos somos natureza e Fernando humanízanos ensinándonos como somos respecto do que nos rodea e permítenos gozar da vida.»
Eudald Carbonell, codirector das escavacións de Atapuerca


«Sobre estes campos de cereal agora ermos, amence. A tímida luz desta mañá de inverno debuxa sobre o horizonte a escura silueta da serra de Atapuerca, lugar de encontro na nosa evolución como especie. [...] Sorprende e emociona toda a quietude que transmite este lugar. Cos ollos semipechados miro cara arriba, o silencio que rodea a serra convérteo en algo enigmático e sagrado.»
Fernando Fueyo, ilustrador científico de natureza



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións