viernes, 25 de noviembre de 2011

galegoespañol

Unha mirada ao mar
desde a Torre de Hércules

OCEÁNOGRAFÍA DA COSTA CORUÑESA

:· CONFERENCIA
>> Domus
30 novembro 2011, ás 20:00
Sala Leonardo Da Vinci

"Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules", por Ricardo Prego.
Profesor de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Participou en varias campañas oceanográficas para estudar o golfo Ártabro e a ría da Coruña.

Unha actividade organizada polos Museos Científicos Coruñeses coa colaboración de:


Os Museos Científicos Coruñeses convidan á mirar ao mar cos ollos dun oceanógrafo: Ricardo Prego, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, dá unha charla o mércores 30 de novembro sobre as características do mar que rodea a cidade da Coruña.



Durante as súas campañas oceanográficas, Ricardo Prego realizou descubrimentos que son importantes para comprender como funciona o mar máis próximo á vida dos coruñeses. Descubriu, por exemplo, que desde o punto de vista oceanográfico a ría da Coruña é máis ben unha baía. Tamén descubriu que a riqueza biolóxica da nosa ría débese en gran parte ao afloramiento de augas frías que ten lugar durante o verán e á auga que achega o inverno a corrente de Nadal, que procede do trópico.

Ricardo Prego é doutor en Química e profesor de investigación do CSIC.
Estudou bacharelato na Academia Galicia da Coruña e licenciouse en Química na Universidade de Santiago. En 1984 incorporouse ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo para comezar a traballar na súa tese doutoral, que tratou sobre os ciclos biogeoquímicos na ría de Vigo. En 1990 gañou unha praza de oceanógrafo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde entón dedícase a estudar o intercambio biolóxico e químico entre o mar e a terra.

Coordinou cinco proxectos de investigación e participado noutros vinteseis. Participou en campañas oceanográficas nos océanos Ártico e Antártico, nas costas atlánticas ibéricas e no océano Índico. Publicou 200 artigos científicos e revisado manuscritos para multitude de revistas internacionais. É membro do comité español do LOICZ e coordinador do cluster Xestión Integral da Zona Costeira no Campus do Mar (Universidade de Vigo). Como afeccionado á historia, é autor dun libro sobre o Instituto de Investigacións Pesqueiras do CSIC.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións