ARTE E CIENCIA
:· PLANETARIO
>> Casaciencias
Prezo: 2€ (1€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vente)
Duración: 35 minutos
VER HORARIOS
Desde o 3 decembro 2011
«Noite estrelada no museo» é unha produción para planetarios dixitais que se realizou cunha combinación de técnicas audiovisuais: animación 3D, fotografía, vídeo, debuxo de escenas e proxección do firmamento.
O programa conta co financiamento da convocatoria de axudas para o programa de cultura científica e da Innovación 2010 da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Ministerio de Ciencia e Innovación.


Un programa de planetario que convida a gozar do ceo estrelado e reflexionar, desde un punto de vista interdisciplinar, sobre as conexións invisibles entre a ciencia e a arte:>> Casaciencias
Prezo: 2€ (1€ para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vente)
Duración: 35 minutos
VER HORARIOS
Desde o 3 decembro 2011
«Noite estrelada no museo» é unha produción para planetarios dixitais que se realizou cunha combinación de técnicas audiovisuais: animación 3D, fotografía, vídeo, debuxo de escenas e proxección do firmamento.
O programa conta co financiamento da convocatoria de axudas para o programa de cultura científica e da Innovación 2010 da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Ministerio de Ciencia e Innovación.


«Noite estrelada no museo» é un audiovisual de planetario dixital a cúpula completa. A imaxe que se proxecta sobre a pantalla produce un efecto inmersivo único, que sitúa ao espectador dentro de cada escena.
Ademais, hai varias secuencias protagonizadas pola proxección do firmamento cun realismo difícil de imaxinar. A banda sonora inclúe pezas clásicas, temas compostos especialmente para o programa e unha gran variedade de efectos sonoros.
>> Web: Nocheestrellada.org
Detalles do proxecto, personaxes, guía didáctica, créditos.
Detalles do proxecto, personaxes, guía didáctica, créditos.
O programa transcorre nun museo e está protagonizado por algúns personaxes moi reconocibles da historia da pintura: unha Menina, a 'Maja' espida, Saturno (devorando ao seu fillo), o Borracho e Urania, musa da astronomía. Urania está entusiasmada pola chegada dunha exposición sobre a astronomía na arte, con cadros e antigos instrumentos de observación, e tratará de convencer aos seus compañeiros de que esta combinación pode ser moi atractiva.
— Durante esta viaxe recréanse escenarios virtuais que permiten visitar algúns dos principais emprazamentos de interese arqueoastronómico do mundo, como o cromlech de Stonehengue, as pirámides de Giza, a cova de Lascaux ou as antas do Alentejo portugués.
— Nun planetario virtual podemos contemplar o ceo estrelado. E descubrir o pouso cultural das civilizacións antigas no firmamento, que recoñecemos nos nomes de constelacións e estrelas.
— Emocionantes secuencias e animacións permítennos acompañar a un grupo de astrónomos afeccionados nunha observación baixo un ceo magnífico ou abandonar a Terra cara aos telescopios que escrutan o universo desde o espazo.
“Noite estrelada no Museo” é unha produción dos Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) coa colaboración de: Museo de la Ciencia de Valladolid, Planetario de Pamplona, Museo de las Ciencias y el Cosmos de Tenerife, Museo Elder de la Ciencia y la Tecnología, Parc Astronòmic del Montsec e Eureka! Zientzia Museoa.






