lunes, 16 de enero de 2012

galegoespañol

Fotciencia8

RETRATO DA CIENCIA ESPAÑOLA

:· EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

>> Domus
Planta baixa
16 xaneiro - 19 febreiro 2012
FINALIZADA

"Fotciencia8" é unha selección das imaxes presentadas en 2010 ao principal concurso de fotografía científica de España.

Fotciencia é un certame convocado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). O seu obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética a través de imaxes.

Unha exposición producida por:


A Domus presenta as mellores imaxes da ciencia española. «Fotciencia8» reúne as imaxes gañadoras e finalistas da 8ª edición do certame nacional de fotografía científica.



Premio "A ciencia e ti"
Beatriz Fernández Muñoz
A autora desta fotografía quixo contar o que a ciencia significa para ela: admiración. E retratouno cunha imaxe que mostra dúas células expresando unha proteína verde fluorescente na súa citoplasma. Unha das células adoptou unha forma circular e a outra estase a estirar para desprazarse cara a outro sitio.

«Todos vimos eses colgantes de ámbar con inclusións de insectos que se venden en xoiarías e fairas. Esta é unha fotografía onde se pode observar o comezo dun proceso que dura millóns de anos.»
"O comezo do ámbar" (Pedro Ramos),
primeiro premio General



«Fíos de cobalto formados a partir de nanopartículas magnéticas de cobalto de 8 nanómetros préviamente sintetizadas. Estas partículas autoensámblanse tras ser depositadas sobre unha superficie de grafito altamente orientado, dando lugar a estas belas estruturas filamentosas e entrelazadas.»
"Noite estrelada de Van Gogh" (Martí Busquets, Míriam Varón),
primeiro premio Micro



:· PARA SABER MÁIS
Galería e catálogo | Fotciencia
Consulta as fotografías participantes na edición de 2010 e descarga o catálogo da exposición.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións