martes, 14 de febrero de 2012

galegoespañol

Doa a túa neurona

PARTICIPA NA CREACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN PARA A DOMUS

2012 foi declarado “Ano da Neurociencia en España”, e a Domus, o museo interactivo sobre o ser humano da Coruña, quere sumarse dedicando á mente humana a próxima gran renovación dos seus contidos.

Con este motivo a Domus convoca un programa de participación escolar co obxectivo de crear unha gran rede neural que se exporá na sala principal de exposicións. Prazo aberto até o 30 de xuño.

PARTICIPA

  • Constrúe unha neurona cuxa dimensión non debe exceder o tamaño dun folio DIN A4, é dicir, duns 30 centímetros de longo por uns 22 de ancho.

  • A estrutura deberá ser plana e posuír certa rixidez e resistencia (podería valer o arame que se emprega en manualidades).  

  • :· APÚNTATE
    Os escolares que desexen participar deberán entregar a súa neurona na recepción da Domus ou enviala á seguinte dirección:

    Doa a túa neurona
    Domus
    Rúa Santa Teresa, 1
    15002 A Coruña

    Deberán chegar acompañadas dos seguintes datos persoais: nome, idade, curso e centro educativo; tamén se indicará unha dirección e un teléfono de contacto.

    O prazo de participación termina o 30 de xuño de 2012. Aínda que o obxectivo é empregar todas as que cheguen, no caso de que sexan demasiadas a selección será por orde de chegada.
    Dúbidas e consultas: educacion@casaciencias.org
  • A construción ha de simplificar ao máximo a anatomía desta célula, reproducindo tan só a súa forma (corpo celular, dendritas e axón, pero pódese achegar creatividade nos materiais e acabados, elixindo por exemplo diversos tipos de arames, revestíndoos con abelorios, teas ou con cintas diferentes texturas e cores.

  • As neuronas poden levar un título ou nome, para facer algunha alusión a como se construíron, quen participaron, o aspecto que máis se desexe destacar, etc.

  • Destinatarios: Con esta convocatoria quérese convidar principalmente aos profesores de Educación Primaria e Secundaria a introducir este tema na aula, e ofrecer unha actividade que sirva de motivación para abordar e profundar na célula que é base do cerebro e de todos os sistemas nerviosos.


     

    © Museos Científicos Coruñeses, 2011 | Comentarios e suxestións