viernes, 24 de febrero de 2012

galegoespañol

Pinacoteca da Ciencia

A BELEZA DA VIDA MICROSCÓPICA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Planta baixa
23 febreiro - 30 xuño 2012
FINALIZADA

"Pinacoteca da Ciencia" é dunha colección de 12 imaxes que ofrece unha visión inusual, orixinal e de gran beleza de células, moléculas, microorganismos e procesos biolóxicos.

Esta exposición pode visitarse GRATIS. Está ubicada na entrada da Domus, fronte á recepción do museo.

Unha producción da Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular (SEBBM):




A Domus presenta “Pinacoteca da ciencia”, unha exposición de imaxes científicas da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM). Descobre a beleza dos seres microscópicos, cunha mirada artística e orixinal sobre os procesos biolóxicos.


“A célula, ese simpático ente”
Beatriz Fernández
Unha célula epitelial expresando unha proteína . En verde intenso obsérvase a proteína que entrou no núcleo, onde reside o material xenético.



"O ollo de Sauron"
Jaime Mª Tomé Amat
A unión específica dunha sustancia anticanceríxena (inmunoRNasa) a unha célula tumoral de cancro de colon.
A Pinacoteca é un apartado da sección de divulgación do portal da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), que pretende achegar a ciencia aos cidadáns mediante a publicación de imaxes de contido científico tinguidas dunha visión artística.

Ao longo de 12 meses invítase aos membros da SEBBM a enviar as súas fotografías, que deben estar relacionadas coa investigación científica en calquera dos seus innumerables ámbitos. As fotos seleccionadas como as mellores de cada mes pasan a formar parte da Pinacoteca, e compoñen a exposición que agora se presenta na Domus.

A Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM) ten un interese especial por difundir e divulgar na sociedade española as tarefas de investigación realizadas nos laboratorios. Con este fin xurdiu no ano 2009 no seu portal web a sección "Divulgación: ciencia para todos", dirixida a estudantes, profesores de primaria, secundaria e universidade, investigadores e público en xeral.

Mediante xogos, actividades, artigos de divulgación e investigación...pretenden dar a coñecer o papel e o fin da actividade científica española. De aí esta exposición dalgunhas das mellores imaxes científicas recollidas dentro unha particular "Pinacoteca da Ciencia".

:· PARA SABER MÁIS

Pinacoteca da Ciencia | SEBBM
Galería de imaxes seleccionadas e bases do concurso.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións