viernes, 9 de marzo de 2012

galegoespañol

Aventuras no Aquarium

PRIMAVERA 2012

:· PARTICIPA

CANDO E ONDE?
No Aquarium Finisterrae.
Fins de semana
24 marzo—24 xuño 2012.

INSCRIPCIÓN
Necesítase reserva previa.
A partir do 12 de marzo, chamando ao 981 189842.
Para maiores de 10 años.
(máximo de 10 persoas por sesión)
Os nenos deberán participar acompañados por un adulto.

PREZO
Cada actividade custa 4 €.
Esta taxa non inclúe a entrada ao Aquarium Finisterrae, que deberá abonarse aparte.*

* Os titulares de tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias non pagan entrada nos tres Museos Científicos Coruñeses.
O Aquarium Finisterrae lanza un programa especial de actividades de fin de semana. As "Aventuras no Aquarium", pensadas para adultos e nenos maiores de 10 anos, inclúe experiencias como visitar a zona técnica e participar na alimentación das focas, ou na dos tiburóns e outros peixes.

As persoas interesadas en participar neste programa poderán elixir entre
tres actividades diferentes (dúas semanais e unha mensual), que se celebrarán os sábados e domingos desde o 24 de marzo até o 24 de xuño de 2012:

Aventura coas focas
Sábados, 11:00; Domingos, 11:00 e 16:00
Duración: 1h30min
Queres dar de comer ás focas
do Aquarium Finisterrae?
Os asistentes a esta actividade coñecerán os segredos da dieta das focas, prepararanlles a comida e participarán na súa alimentación.



Aventura cos peixes
Sábados, 13:00; Domingos, 13:00 e 18:00
Duración: 1h
¿Quieres dar de comer a los peces
del Aquarium Finisterrae?
Unha experiencia para coñecer que comen os peixes do Aquarium, preparar a súa comida e participar na súa alimentación.


Viaxe ao centro do Acuario 
Sesións especiais ás 12:00 | 14-15 abril, 19-20 maio, 23-24 xuño.
Duración: 2h
Queres coñecer os segredos
do Aquarium Finisterrae?
Unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións