miércoles, 7 de marzo de 2012

galegoespañol

Curso de Iniciación á Astronomía

PRIMAVERA 2012

:· APÚNTATE
CANDO E ONDE
26—29 marzo 2012,
de 19:00 a 21:00 horas.
No Planetario de Casa das Ciencias.

INSCRICIÓN
Na Secretaría de Casa das Ciencias, teléfono 981 189844.
Prazas limitadas.
O Planetario da Casa das Ciencias organiza un curso de iniciación á astronomía, que se celebrará do 26 ao 29 de marzo de 2012.

Este curso práctico diríxese a persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a primeira ollada. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e para interpretar os seus movementos no firmamento.

Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos de ceo profundo. Se as condicións permíteno, o último día do curso realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento.

PREZOS
40 euros
Público xeral

20 euros
—Maiores de 65, titulares de carné novo e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
—Público xeral, ao adquirir unha tarxeta Vente de acceso anual aos Museos Científicos Coruñeses.

10 euros
Maiores de 65, titulares de carné novo e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias que adquiran un tarxeta Vente Mini de acceso anual aos Museos Científicos Coruñeses.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións