CURSO 2012-2013
:· PARTICIPA
CANDO E ONDE?
Na Domus.
Martes, de 11:00 a 12:00
Desde o 2 de outubro.
INSCRICIÓN
A partir do 24 de setembro, chamando ao 981 189840 ou escribindo a domus@casaciencias.org
Para alumnos de 6 a 10 anos, integrantes de grupos escolares.
(30 alumnos como máximo)
PREZO
1 € por alumno
(gratis para centros escolares do Concello da Coruña ou que sexan socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias)
MÁIS INFORMACIÓN
Visitas escolares ExploraDomus Fin de semana
Na Domus.
Martes, de 11:00 a 12:00
Desde o 2 de outubro.
INSCRICIÓN
A partir do 24 de setembro, chamando ao 981 189840 ou escribindo a domus@casaciencias.org
Para alumnos de 6 a 10 anos, integrantes de grupos escolares.
(30 alumnos como máximo)
PREZO
1 € por alumno
(gratis para centros escolares do Concello da Coruña ou que sexan socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias)
MÁIS INFORMACIÓN

«ExploraDomus» é un programa de actividades de exploración da ciencia da contorna máis próxima. Esta convocatoria, dirixida a centros educativos, fará unha incursión na ciencia que se pode atopar na cociña .
>> Tamén hai sesións de ExploraDomus as fins de semana, ás que os cativos poden asistir de xeito individual.
Os participantes porán en práctica as ferramentas dos científicos: fixaranse naquilo que habitualmente nos pasa desapercibido, farán preguntas, observarán e compararán.
A ciencia é unha forma de entender como funciona o mundo. É explorar o que che rodea desde un punto de vista científico. Con ExploraDomus verás que podes facelo en moitos máis sitios dos que imaxinas.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE
Explorar a cociña
—Fabrica a túa propia momia
Faremos un experimento que utiliza ciencia moi, moi antiga. Trátase dun procedemento do Antigo Exipto cuxo resultado non é en absoluto comestible. ¡Imos facer unha momia! Unha momia é un corpo preservado, é dicir, que dura moitísimo tempo. No Antigo Exipto se momificaba á xente. Agora non imos a momificar a ningunha persoa que coñezas. Pero no seu lugar imos a momificar… unha salchicha.
—Maizena alucinante
Exploraremos de primeira man as propiedades sorprendentes da Maizena, un tipo de mestura formado por partículas pequenas e sólidas de fariña de millo suspendidas en auga. Esta mestura compórtase dunha forma moi estraña. Vólvese máis viscosa canto máis rápido te moves. Se nadases nunha piscina de maizena terías que nadar cara ao bordo moi lentamente. Canto máis lento te movas, menos resistencia fará a maizena aos teus movementos.