miércoles, 4 de abril de 2012

galegoespañol

Biotec

XOGO: INVESTIGACIÓN EN BIOTECNOLOXÍA

:· PARTICIPA

QUEN?
Para alumnos de Primaria (5º e 6º), Secundaria e Bacharelato, integrantes de grupos escolares.
(30 alumnos como máximo)
O xogo adáptase ás distintas idades.

CANDO E ONDE?
Na Domus.
De 10:30 a 12:30
23, 24, 25, 26 de abril
2, 3, 4, 7, 8, 9 de maio.

INSCRIPCIÓN
A partir do 26 de marzo, chamando ao 981 189840 ou escribindo a domus@casaciencias.org

PRECIO
Gratis

Unha actividade da Domus en colaboración coa Fundación Genoma España e Vita Aidelos. Financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.


A Domus celebra «Biotec», un xogo para adentrarse nos segredos da biotecnoloxía. Esta actividade, para grupos escolares, adáptase a alumnos de distintas idades, desde 5º de Primaria.

«Biotec» combina xogo e taller. Os participantes fan o papel fichas nun taboleiro xigante, no que para avanzar non só resolverán cuestións relacionadas coa biotecnoloxía, senón que tamén realizarán sorprendentes experimentos.

A través das casas, os xogadores descubrirán que é a biotecnoloxía e as súas aplicacións en saúde, medioambiente ou alimentación. Comprobarán, dunha forma educativa e lúdica, como está presente na nosa vida diaria.

Estes son algúns dos experimentos que poderán realizar:
- Extraer e visualizar ADN de microorganismos de gran valor en Biotecnoloxía.
- Elaboración de callada.
- Identificación xenética de especies de animais, en casos forenses ou de estudos de biodiversidade
- Analizar perfís xenéticos para a investigación de casos forenses.
- Analizar perfís xenéticos en casos de parentesco.






 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións