viernes, 20 de abril de 2012

galegoespañol

A ciencia é noticia

FOTOXORNALISMO COMPROMETIDO COA ACTUALIDADE

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
20 abril - 24 xuño 2012
FINALIZADA

"A ciencia é noticia" é unha colección de 50 fotonoticias. Tratan temas científicos desde a perspectiva do fotoxornalismo que, ante todo, mantén unha vinculación e un compromiso coa realidade.

Unha producción do Servicio de Información y Noticias Científicas (SINC), financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), Ministerio de Ciencia e Innovación.






O Aquarium Finisterrae presenta "A ciencia é noticia", unha mostra de fotoxornalismo que reflicte acontecementos científicos e eventos de actualidade como catástrofes ambientais.



Desde a mirada non só de reporteiros gráficos e xornalistas, senón tamén de investigadores e persoas afeccionadas á ciencia, as fotografías percorren diferentes áreas do coñecemento e achegan a actividade investigadora á cidadanía.

A mostra trata temas de impacto como a reconstrución dunha momia, o misterio do casquete xeado no norte de Marte, a cartografía cerebral dunha abella, as impresionantes erupciones do volcán Eyjafjallajökull, a investigación sobre as persoas indocumentadas na fronteira mexicana ou os xigantescos aneis dun acelerador de partículas subatómicas.

Porque a ciencia non está só nos laboratorios, senón que forma parte da nosa contorna cotiá, ten unha incidencia social e como tal está presente na axenda dos medios de comunicación.

SINC
O Servicio de Información y Noticias Científicas (SINC) é a primeira axencia de noticias científicas en español, de ámbito estatal, público e gratuíto.

Inscrito dentro da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), ten unha vocación de servizo público e carácter estatal, susténtase sobre unha ferramenta en software libre e os seus contidos teñen unha licenza copyleft Creative Commons.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións