lunes, 7 de mayo de 2012

galegoespañol

Durmindo con Tiburóns

PRIMAVERA 2012

:· APÚNTATE

Se tes entre 7 e 11 anos e só temes ao aburrimento.
Pasa unha noite no Aquarium Finisterrae: desde as 20:00 até as 11:00 do día seguinte.
>> programa completo (PDF, 354 KB)

Inscríbete desde o MARTES 8 de maio de 2012: máis información

DATAS
- Venres 25 e sábado 26 de maio
- Venres 1 de xuño
- Venres 8 e sábado 9 de xuño.
- Venres 15 e sábado 16 de xuño.

PREZO
60 € por persoa
(50 € para titulares da Tarxeta 20
e para socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias)

Se, debido a unha Alerta por Temporal, houbese que cancelar algunha das sesións, devolveríase íntegra a taxa de inscrición.
Durmiendo con Tiburones

O Aquarium Finisterrae finaliza o curso 2011-2012 cunha nova edición da actividade infantil «Durmindo con Tiburóns», que organiza a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.

Os nenos que participen poderán alimentar eles mesmos aos animais do Aquarium e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus, ese lugar tan especial ambientado coma se fose o submarino do capitán Nemo e rodeado de mar por todas partes. Tamén asistirán a proxeccións na OceanoSfera e realizarán talleres e experimentos científicos relacionados coa bioloxía mariña e a oceanografía. En cada sesión poderán participar 20 nenos como máximo.


>> INSCRICIÓN:
1. Reserva de praza
Por rigorosa orde de chamada ao teléfono 981 189842, de 8:30 a 14:30
O prazo comeza o MARTES 8 de maio de 2012 ás 8:30.
Só se poderán inscribir 3 nenos por chamada, cos datos do pai, nai ou titor de cada un.

2. Formalización
Os pais deberán entregar en persoa nas oficinas do Aquarium Finisterrae:
a) Formulario de responsabilidade civil (PDF, 592 KB) firmado polo titor legal.
b) Fotocopia de documento oficial que acredite a idade do menor participante: DNI, pasaporte, libro de familia ou cartilla da Seguridade Social.
c) Tasa de inscrición en efectivo

A inscrición definitiva quedará formalizada unha vez efectuado o pago.
A data límite de pago será o 18 de maio de 2012.

Os participantes deberán acudir á actividade provistos de:
  • Roupa cómoda, deportiva.
  • Mochila ou similar.
  • Elementos de aseo persoal.
  • Saco de durmir e esterilla.

Para coñecer o horario detallado e normas xerais, descarga o:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións