martes, 5 de junio de 2012

galegoespañol

Novos acuarios en Maremagnum

13 ANIVERSARIO DA CASA DOS PEIXES

:· RENOVACIÓN
>> Aquarium Finisterrae
Sala Maremagnum

¿DE ONDE VEÑEN Os NOVOS INQUILINOS DA CASA DOS PEIXES?

As 50 sepias do tanque cilíndrico foron capturadas en Redondela: colócanse ramas dentro dunhas nasas para que as femias entren a colocar alí os ovos, ou se introduce na nasa unha femia, que atrae aos machos.

Un biólogo do Aquarium Finisterrae participou na campaña oceanográfica no Banco de Galicia (verán de 2011) e recolleu mostras para o acuario de fauna profunda, grazas á colaboración de:
Co gallo da celebración do decimoterceiro aniversario do Aquarium Finisterrae e do Día Mundial de Medio Ambiente, presentamos dúas novas intervencións acuariolóxicas na sala Maremagnum: unha colonia de sepias e un grupo de curiosos animais das profundidades.


>> Ver selección de fotos do 13 aniversario do Aquarium Finisterrae.

Renovamos por completo o tanque cilíndrico de gran volume que está fronte á entrada da sala. Aquí preséntase agora unha poboación de medio centenar de sepias (Sepia officinalis), que se reproducen entre abril e outubro. O público pode observar as postas de ovos, que as femias colocan sobre os restos dunha nasa instalada no centro do tanque, ou nunha rede de pesca que tamén forma parte da escenografía do acuario.

Pódense ademais ver outros comportamentos reprodutores dos exemplares, como o cortexo ou o apareamento. Durante a época de reprodución, os machos seguen ás femias a todas partes e adquiren a chamada coloración de galanteo, que consiste en raias parecidas ás dunha cebra. Tamén resulta moi rechamante a capacidade destes cefalópodos para mimetizarse coa contorna, adoptando a aparencia do fondo arenoso ou rochoso.

A Sepia officinalis vive en auga costeiras até os 100 metros de profundidade, sobre fondos de area ou arxila; tamén entre algas e rocas. As postas de ovos, que teñen o aspecto de acios de uvas e son de cor negra, eclosionan aos dous meses. Tras a posta dos ovos, as sepias comezan o seu declive e acaban morrendo nun par de meses.

Acuario de fauna profunda

Arañas de marTamén renovamos o tanque que recrea un ecosistema de fauna profunda, con especies que viven a partir dos 400 metros de profundidade. É un acuario con auga fría, a 12 graos, e con escasa luz, no que viven corais, arañas de mar, ourizos de profundidade, cangrexos reais, holoturias, rapes e peixes trompeteiros.

O fondo está formado por un substrato especial, unha area de pterópodos, recollido a máis de 1.000 metros de profundidade. Tanto o substrato como parte das corais e outras especies que forman parte deste acuario foron recollidos durante a campaña oceanográfica no Banco de Galicia, un gran monte submarino localizado a un 200 km ao oeste da costa galega.

Este acuario púidose montar grazas á colaboración do Instituto Español de Oceanografía (IEO), a través dun convenio asinado entre o IEO e os Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións