lunes, 9 de julio de 2012

galegoespañol

Fotciencia9

RETRATO DA CIENCIA ESPAÑOLA

:· EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

>> Domus
Planta baixa
9 - 31 xullo 2012
FINALIZADA

"Fotciencia9" é unha selección das imaxes presentadas en 2011 ao principal concurso de fotografía científica de España.

Fotciencia é un certame convocado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). O seu obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética a través de imaxes.

Unha exposición producida por:


A Domus presenta as mellores imaxes da ciencia española. «Fotciencia9» reúne as imaxes gañadoras e finalistas da 9ª edición do certame nacional de fotografía científica.



Premio “Ano Internacional da Enerxía sustentable para todos”
"Xerando enerxía" (Silvia Andrade)
A cela de combustible microbiana (CCM) é un dispositivo xeralmente composto por dous cámaras, capaz de converter a materia orgánica en electricidade. Obtéñense os electróns por medio dos refugallos orgánicos. As bacterias, como centro do dispositivo, aliméntanse destes refugallos e como parte dos seus procesos dixestivos extraen electróns do material.

«A imaxe corresponde a un óxido mixto con estrutura tipo perovskita, óxidos que aos poucos están a tomar gran relevancia no seu emprego como cátodos e ánodos de pilas de combustible debido á súa elevada versatilidade, estabilidade química e térmica»
"Bolas de xeado" (María Carbajo Sánchez),
primeiro premio Micro




«A eficiencia dos materiais constitutivos, líquido e aire, é extremadamente alta. ¿Poderemos trasladar este principio de eficiencia e aforro material a estruturas para a arquitectura e enxeñaría? A resposta sempre está na natureza e na ciencia»
"Estruturas invisibles" (Carlos Cuenca Solana),
primeiro premio Xeral



:· PARA SABER MÁIS
Galería e catálogo | Fotciencia
Consulta as fotografías participantes na edición de 2011 e descarga o catálogo da exposición.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións