jueves, 5 de julio de 2012

galegoespañol

Fotógrafos da Natureza

2012

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
4 xullo 2012
FINALIZADA

Gañadores do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year 2011.

Nesta edición do concurso presentáronse máis de 14.000 imaxes procedentes de 39 países europeos. Entre os 68 fotógrafos gañadores, de 22 países, atópanse 8 españois.

O certame arrincou no ano 2000, promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT). Desde entón, o desenvolvemento, prestixio e crecemento do concurso foi extraordinario, traspasando as fronteiras europeas e alcanzando renome mundial.
A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle a exposición Fotógrafos da Natureza 2012, que contén as fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year.

A exposición recolle impresionantes imaxes que mostran a beleza do noso planeta e a importancia de preservala. Unha colección que inspira e alenta o interese por coñecer e defender a marabillosa natureza que nos rodea.

Retratar o amor á naturaleza

O certame ten como obxectivo mostrar a arte dos fotógrafos da natureza europeos grazas ás extraordinarias imaxes que anualmente presentan. Pero tamén pretende promover activamente o coñecemento da natureza e a militancia na súa conservación a través da fotografía, ilusionar aos cidadáns coa posibilidade de mostrar e defender o medio natural grazas á arte fotográfica.

Está aberto a todos os fotógrafos, afeccionados e profesionais, que estean interesados en mostrar a súa obra nalgunha das 8 categorías establecidas.

"Perdas e ganancias", de Oldrich Mikulica (República Checa)
GAÑADOR ABSOLUTO. A fotografía capta o momento en que un cuco se dispón a depositar un ovo no niño dunha curruca. A continuación os cucos retiran un dos ovos da curruca, para que esta non note que hai un ovo extra. Para ambas as especies trátase dun todo ou nada: se as donas do niño aceptan os ovos intrusos perderán a súa propia nidada; se o engano é descuberto será o cuco o que perda a descendencia.

:· MÁS FOTOGRAFÍAS
Galería da exposición | GDT
Consulta as fotografías gañadoras na edición de 2011 do prestixioso concurso europeo de fotografía de natureza.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións