NEUROCIENCIA E ARTE
:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
A Domus presenta “As paisaxes do cerebro”, unha exposición na que pintura e neurociencia danse a man. Os cadros de José Rodrigo convidan a contemplar e gozar a complexa estrutura da cortiza cerebral, do hipocampo e do cerebelo, coma se fosen paisaxes.>> Domus
Planta baixa
1 agosto - 29 outubro 2012
FINALIZADA
"As paisaxes do cerebro" é unha colección de cadros pintados ao óleo sobre lenzo polo neurocientífico José Rodrigo García.
Esta exposición ten dous obxectivos:

- Favorecer que o coñecemento científico chegue ao cidadán para incrementar o interese polo mundo da ciencia.
- Transmitir ao visitante as sensacións vividas polo investigador como froito do seu traballo, ás veces descoñecido pola sociedade.

“Medula espinal. Estrutura xeral”
A medula espinal está constituída por un cordón tubular e macizo, onde a sustancia gris atópase rodeada na súa parte máis externa pola sustancia branca.
A medula espinal está constituída por un cordón tubular e macizo, onde a sustancia gris atópase rodeada na súa parte máis externa pola sustancia branca.

"Compoñentes neuronais da cortiza cerebral (VII)"
Entre a diversidade morfolóxica das neuronas que forman o manto cortical faremos mención especial ás neuronas en candelabro. Posiblemente están relacionadas coa rapidez ou aceleración das respostas para determinados estímulos.

En palabras do autor:
«Todos eses proxectos alcanzasen algún día, non moi afastado, os obxectivos marcados, facéndose realidade o que hoxe parece ser unha ilusión»
José Rodrigo García (Madrid, 1936). Doutor en Mediciña, é na actualidade Profesor de Investigación Ad Honorem do Instituto Cajal. Os seus traballos foron recollidos en máis de 200 publicacións internacionais, dirixiu máis de 30 teses doutorais e a súa actividade científica foi financiada en máis de 40 proxectos de investigación.
Tras a súa xubilación comezou a súa actividade artística, desenvolvendo unha obra que se inspira no seu propio labor como neurocientífico. Expoñeu en diversas institucións científicos e universidades, ao longo da xeografía española.
:· PARA SABER MÁIS
Vídeo: "Los paisajes del cerebro" | Real Academia Nacional de Medicina
O Dr. José Rodrigo García explica a exposición.
O Dr. José Rodrigo García explica a exposición.