miércoles, 14 de noviembre de 2012

galegoespañol

Pinacoteca da Ciencia 2012

A BELEZA DA VIDA MICROSCÓPICA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Planta baixa
Desde 12 novembro de 2012
FINALIZADA

"Pinacoteca da Ciencia" é dunha colección de 12 imaxes que ofrece unha visión inusual, orixinal e de gran beleza de células, moléculas, microorganismos e procesos biolóxicos.

Esta exposición pode visitarse GRATIS. Está ubicada na entrada da Domus, fronte á recepción do museo.

Unha producción da Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular (SEBBM):




A Domus presenta “Pinacoteca da ciencia”, unha exposición de imaxes científicas seleccionadas entre as mellores da edición de 2012 do concurso convocado pola Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM). Descobre a beleza dos seres microscópicos, cunha mirada artística e orixinal sobre os procesos biolóxicos.


“Antiga estratexia para o cambio climático”
Mercè Durfort i Coll
Mosaico formado por tricomas (pelos) estrelados procedentes do envés dunha folla de oliveira. É unha estratexia das especies vexetais que viven en ambientes secos ou salinos, para evitar a perda de auga.


A Pinacoteca é un apartado da sección de divulgación do portal da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), que pretende achegar a ciencia aos cidadáns mediante a publicación de imaxes de contido científico tinguidas dunha visión artística.

Ao longo de 12 meses invítase aos membros da SEBBM a enviar as súas fotografías, que deben estar relacionadas coa investigación científica en calquera dos seus innumerables ámbitos. As fotos seleccionadas como as mellores de cada mes pasan a formar parte da Pinacoteca, e compoñen a exposición que agora se presenta na Domus.

A Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM) ten un interese especial por difundir e divulgar na sociedade española as tarefas de investigación realizadas nos laboratorios. Con este fin xurdiu no ano 2009 no seu portal web a sección "Divulgación: ciencia para todos", dirixida a estudantes, profesores de primaria, secundaria e universidade, investigadores e público en xeral.

Mediante xogos, actividades, artigos de divulgación e investigación...pretenden dar a coñecer o papel e o fin da actividade científica española. De aí esta exposición dalgunhas das mellores imaxes científicas recollidas dentro unha particular "Pinacoteca da Ciencia".

:· PARA SABER MÁIS

Pinacoteca da Ciencia 2012 | SEBBM
Galería de imaxes seleccionadas e bases do concurso.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións