miércoles, 5 de diciembre de 2012

galegoespañol

Laboratorio aberto

TALLERES PARA ESCOLARES: CURSO 2017-18

:· PARTICIPA


QUEN?
Alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos
(talleres para diferentes idades) 
Grupos de 32 como máx.

CANDO E ONDE?
Na Domus como chegar?
Sesións desde as 10:30

PREZO
1€ por alumno.
[Ver prezos de visitas escolares]

Gratis para:
- Escolares do Concello da Coruña
- Todos os escolares, durante os meses de xaneiro e febreiro

INSCRIPCIÓN
1. Enche o formulario de inscripción .
2. Espera a que contactemos contigo para confirmarche a inscrición


Máis información no 981 189840.
«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti.

Aberto o prazo de inscrición para estes seis talleres que ofrecemos a grupos escolares de diferentes idades, desde 6 a 18 anos.

TALLER 1
Investiga a vacuna do VIH
Mércores, de 10:30 a 13:30. Experimenta se a vacina da sida na que traballan os científicos do laboratorio IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes.
SÓ para alumnos de Bacharelato e Ciclos Formativos

TALLER 2
A revolución biotecnolóxica 
Martes, de 11:00 A 13:00. Transfórmate en biotecnólogo, realiza unha transformación bacteriana, e participa na procura dunha diana para o tratamento contra a aterosclerose.
Alumnos de Secundaria (4º e 3º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos

TALLER 3
Como se desenvolven os fármacos? 
Venres, de 11:00 a 13:00. Participa na síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco que se está investigando para o Parkinson.
Alumnos de Secundaria (3º e 4º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos

TALLER 4
Diseccións en directo
Xoves, ás 11:00, 13:00, 16:00 ou 17:00. Na Domus facemos diseccións de corazón e ollo de porco en directo no laboratorio para mostrar como funcionan estes órganos. Ponte as luvas, e asómate á anatomía.
Alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos

TALLER 5
Artistas da Prehistoria
Luns, de 11:00 a 12:30. Un taller para converterse en artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.
Alumnos de Primaria (3º a 6º) e Secundaria (1º e 2º)

TALLER 6
ExploraDomus Escola
Luns, de 11:00 a 12:30. Actividades de exploración da ciencia que se pode atopar na cociña.
Alumnos de Primaria (1º e 2º)

—Fabrica a túa propia momia
Faremos un experimento que utiliza ciencia moi, moi antiga. Trátase dun procedemento do Antigo Exipto cuxo resultado non é en absoluto comestible. Imos facer unha momia! Unha momia é un corpo preservado, é dicir, que dura moitísimo tempo. No Antigo Exipto se momificaba á xente. Agora non imos a momificar a ningunha persoa que coñezas. Pero no seu lugar imos a momificar… unha salchicha.

—Maizena alucinante
Exploraremos de primeira man as propiedades sorprendentes da Maizena, un tipo de mestura formado por partículas pequenas e sólidas de fariña de millo suspendidas en auga. Esta mestura compórtase dunha forma moi estraña. Vólvese máis viscosa canto máis rápido te moves. Se nadases nunha piscina de maizena terías que nadar cara ao bordo moi lentamente. Canto máis lento te movas, menos resistencia fará a maizena aos teus movementos.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións