lunes, 4 de febrero de 2013

galegoespañol

Aventuras no Aquarium

PRIMAVERA 2013

:· PARTICIPA

CANDO E ONDE?
No Aquarium Finisterrae.
Fins de semana
13 abril—16 xuño 2013

INSCRIPCIÓN
Necesítase reserva previa.
A partir do 8 de abril, ás 8:00, chamando ao 981 189842.

PREZO
Sen custo adicional.
Para participar hai que abonar a entrada ao Aquarium Finisterrae.*

* Os titulares de tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias non pagan entrada nos tres Museos Científicos Coruñeses.
O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana. As "Aventuras no Aquarium", pensadas para adultos e nenos maiores de 7 anos, inclúen experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas.

As persoas interesadas en participar neste programa poderán elixir entre
dúas actividades diferentes (unha semanal e outra mensual), que se celebrarán os sábados e domingos desde o 13 de abril de 2013:

Viaxe ao centro do Acuario 
Sesións especiais ás 12:00 | 27-28 abril, 8-9 xuño.
Duración: 2h
Para maiores de 14 años.
Queres coñecer os segredos
do Aquarium Finisterrae?
Unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena.



Aventura coas focas
Sábados e domingos, 11:00 | 13 abril–16 xuño
Duración: 1h30min
Para maiores de 7 años.
Os nenos deberán participar acompañados por un adulto.
Queres dar de comer ás focas
do Aquarium Finisterrae?
Os asistentes a esta actividade coñecerán os segredos da dieta das focas, prepararanlles a comida e participarán na súa alimentación.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións