jueves, 14 de febrero de 2013

galegoespañol

Vampiros acuáticos

LAMPREAS NO AQUARIUM FINISTERRAE

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Maremagnum
Desde o 14 febreiro 2013
FINALIZADA

Especie: Petromyzon marinus  
Hábitat: costas e ríos do norte do océno Atlántico e do Mediterráneo occidental.  
Profundidade: hasta 300 m  
Talla máxima: 1 m  
Peso máximo: 2 kg  
Alimentación: parásita. Sangre e fluídos corporais doutros peixes.


Pode haber mellores bicos para celebrar San Valentín? Son os máis contundentes, os máis absorbentes, os máis apaixoados, os máis sanguentos, pero son... BICOS ROUBADOS!!



Desde o 14 de febreiro de 2013 viven no Aquarium Finisterrae 20 lampreas, procedentes da Guarda (Pontevedra).
Viven nun tanque cilíndrico de 10.000 litros que recrea o ecosistema do fondo dun río de Galicia.

As lampreas volven á Casa dos Peixes da Coruña. Estiveron aquí por primeira vez en 2007, cando acollemos unha poboación de 50 lampreas procedentes do Baixo Miño. Entón foi o maior número de lampreas nunca antes visto nun acuario.

Hai que remontarse a tempos dos romanos para atopar referencias a tanques de maiores dimensións destinados a aloxar lampreas: «Cayo Hirio prestou da súa piscina, soamente para as ceas triunfais do César, seis mil lampreas, que non quixo vender nin cambiar por ningunha outra mercadoría», segundo relatou Plinio.

Pasados dous milenios, as lampreas (Petromyzon marinus) seguen sendo un manxar moi apreciado. Agora tamén apreciamos a súa sorprendente vida: nacen no río como vermes cegos, que viven varios anos nos fondos fangosos. Ata que unha metamorfose transfórmaos no peixe adulto, que baixa ao mar e comeza chupar o sangue doutros peixes. Tras dous anos de vida parásita e bicos roubados, regresan ao río para reproducirse e morrer.
—Canto sangue chupan?
Unha lamprea cóme, ao longo do seu ciclo vital, preto de 20 quilos de sangue e fluídos corporais dos peixes que parasita.
—Estes vampiros acuáticos matan as súas vítimas?
As lampreas son depredadores prudentes: despois dun tempo soltan a presa (que a miúdo sobrevive) para pegarse a outra, nadando como un mísil teledirigido.
—A que tipo de peixes parasitan?
Na súa fase parásita as lampreas viven preto do fondo, até os 300 metros de profundidade, onde predominan pescada, rape, abadexo, besugo…
—Que lles dan para comer no Aquarium?
Nada. Capturadas ao seu regreso ao río, nesa fase xa non comen, pois o seu aparello dixestivo hase atrofiado de forma irreversible.
—Canto vivirán entón?
As lampreas morren tras desovar, por debilidade, cando aumenta a temperatura nos ríos ao achegase o verán. Pero no acuario mantemos a auga fría e regulamos as horas de luz: enganamos ao reloxo biolóxico das lampreas para que sobrevivan máis tempo. Unha lamprea chegou a vivir aquí un ano enteiro sen probar bocado.

:· PARA SABER MÁIS

Vampiros acuáticos (PDF, 128 KB) | La Voz de la Escuela
A fascinante bioloxía das lampreas: Son fósiles viventes?
Lamprea del Miño | spain.info
Receita para preparar a lamprea á bordelesa (no seu sangue).
Petromyzon marinus | Fishbase.org
Ficha técnica da especie á que pertencen as nosas lampreas.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións