jueves, 11 de abril de 2013

galegoespañol

Semana do ADN

2013

:· TALLERES ESPECIAIS
>> Domus
Laboratorio aberto
22-28 ABRIL 2013
Actividades GRATUÍTAS

INSCRICIÓN
Para reservar praza, chama ao teléfono 981 189 840 ou envía un correo electrónico a domus@casaciencias.org indicando os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e correo electrónico.

ORGANIZACIÓN
En colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié.

Con motivo da celebración do Día Mundial do ADN, a Domus e educaBarrié organizan, do 22 ao 28 de abril, un ciclo de actividades gratuítas para asomarse á investigación xenética.

Talleres para escolares no novo Laboratorio aberto, sesións especiais para familias e unha noite no museo son as opcións para aqueles que sintan curiosidade polo mundo da ciencia, a xenética e a investigación.

PROGRAMA:
  • Talleres de experimentación para familias: sábado 27 e domingo 28 de abril ás 17:00 horas. Unha actividade pensada para familias con nenos a partir de 7 anos.
  • Talleres de experimentación para centros educativos: luns 22 e xoves 25 de abril ás 10:00 e 12:30 horas. Dirixido a escolares de 6º de Primaria. Para participar, o centro escolar debe realizar unha reserva previamente
  • Noche en la Domus: venres 26 de abril, desde as 19.30 horas até as 10:30 horas do sábado 27. Para nenos de 11 a 13 anos, que realizarán un taller de experimentos e outras actividades na Domus e durmirán no museo.
A Semana do ADN está co-organizada con educaBarrié, o espazo de encontro e intercambio de coñecemento dirixido á comunidade educativa da Fundación Barrié, no marco da aposta da Fundación pola investigación, a innovación didáctica e o fomento de vocacións científicas entre o alumnado galego.

Esta entidade tamén promove a exposición "Farmacoxenómica e medicina personalizada",  unha nova área dedicada ás bases moleculares e xenéticas das enfermidades e dos seus tratamentos, que foi inaugurada na Domus o pasado mes de xaneiro.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións