martes, 14 de mayo de 2013

galegoespañol

Coruñeses

© Miguel Caeiro>> Ver álbum en Flickr

:· EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
15 novembro 2012 - finais xuño 2013
FINALIZADA

60 fotografías que retratan a contorna natural da Coruña. Os protagonistas son animais, "os outros coruñeses", que nos adoitan pasar desapercibidos aos humanos. Agora son visibles grazas á observación, a documentación, a paciencia e o dominio da técnica fotográfica por parte de Miguel Caeiro. 

Unha mostra de imaxes da contorna natural da Coruña como nunca antes a miraras. O fotógrafo Miguel Caeiro retrata paisaxes, fauna e vexetación de lugares moi próximos cuxa beleza resulta tan impactante como a de calquera outro sitio do mundo.

Esta exposición é unha pequena homenaxe a esa natureza tan próxima que todos recoñecemos e que algúns se sorprenderán de ver como unha vez retratada adquire un valor estético insospeitado.

As fotografías da exposición ofrecen belas perspectivas de lugares próximos á cidade da Coruña, como:
  • o encoro de Cecebre, con imaxes dun amencer nesta paraxe ou corvos mariños pousados nas ramas que emerxen das súas augas.
  • unha charca mareal na praia de Baldaio durante a posta de sol, co cabo San Adrián e a illa Sisarga Grande ao fondo.
  • un pequeno afluente do río Eume abríndose paso entre a espesa vexetación das Fragas do Eume; ou unha abubilla criando aos seus pitos no niño instalado no buraco dun muro dunha casa en Vilaboa.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións