jueves, 16 de mayo de 2013

galegoespañol

Ruta Norte

FINALIZADA
MUSEOS DE CIENCIA


:· PASAPORTE

DESCARGA (PDF, 2.5 MB)
e imprime o pasaporte de
"Museos de Ciencia. Ruta norte"
(a doble cara ocupa 2 follas)

PRESENTA o pasaporte en cada museo da Ruta que visites e pide que che selen a páxina correspondente a ese centro.

VANTAXES
Aproveita as ofertas que cada institución ofrece aos usuarios deste pasaporte. Nos Museos Científicos Coruñeses terás un regalo sorpresa se chegas co selo dun museo doutra cidade.
“Museos de Ciencia. Ruta norte” nace da unión dun grupo de museos científicos do norte da España, co obxectivo de divulgar Ciencia e Tecnoloxía máis aló das súas fronteiras.

Os Museos Científicos Coruñeses únense a este grupo que emite un pasaporte conxunto, con vantaxes na visita aos seus integrantes.


Esta rede de museos do norte de España conta cunha páxina común en Facebook onde se publican as principais actividades dos seus membros, facebook.com/MuseosCienciaRutaNorte. Os 13 membros iniciais deste proxecto aspiran a converterse nunha senda alternativa polo norte de España e a ser un referente no desenvolvemento de actividades comúns de divulgación científica. Arqueoloxía, enerxía, astronomía, paleontoloxía, xeoloxía, física, química, neuroloxía, cartografía… Moitas especialidades  teñen cabida nesta comunidade, ligada xeograficamente á ruta norte do Camiño de Santiago.

Viaxeiros científicos
Co gallo do Día Internacional dos Museos 2013, os integrantes de "Museos de Ciencia. Ruta Norte” lanzan un folleto/pasaporte con información de todos os centros da rede. Ao chegar a cada museo o visitante deberá presentar o pasaporte, que será selado na páxina correspondente a esa institución. Cada museo explicará na súa web as vantaxes que ofrece aos portadores do pasaporte.

No caso dos Museos Científicos Coruñeses, os visitantes que acudan á Casa das Ciencias, Domus ou Aquarium Finisterrae co selo dun museo de fóra da Coruña terán un agasallo sorpresa.

Segundo se vaian acumulando máis selos nos espazos reservados a cada museo, confirmando así as visitas, a rede “Museos de Ciencia. Ruta Norte” ofrecerá ademais premios conxuntos para estes visitantes.

Membros



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións