lunes, 8 de julio de 2013

galegoespañol

Ríos galegos

RESERVA DA BIOSFERA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Maremagnum
8 xullo - finais de 2013
FINALIZADA

Un gran tanque cilíndrico que contén especies propias dos ríos galegos:
  • Peces: espiñentos, vermelliñas, bogas, troitas, anguías e esturións. 
  • Anfibios: ras e tritóns.
  • Insectos: efémeras e larvas de libélulas.
  • Plantas y algas: brións, fentos, cárex e xuncos.
O contido biolóxico do tanque produciuse en colaboración coa Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Este centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela encargouse do asesoramento científico e a captura de especies.
O Aquarium Finisterrae remonta os ríos galegos. Centrada tradicionalmente no mar, a Casa dos Peixes mostra por primeira vez un completo ecosistema fluvial de Galicia. Celebramos así o recente recoñecemento das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como Reserva da Biosfera.



O gran tanque cilíndrico do Aquarium Finisterrae está ambientado agora coma se fose un pequeno tramo dun río galego. Contén especies de fauna e flora características deste tipo de ecosistemas, e estará en constante renovación até finais de 2013.

Estes animais e plantas ilustran aspectos importantes da ecoloxía e da conservación dos nosos ríos.

Gasterosteus gymnurus | Fishbase.org
Entre as especies de peixes da nova instalación destaca o espiñento (Gasterosteus gymnurus), un peixe de pequeno tamaño que debe o seu nome ás longas espiñas que ten no dorso e o ventre. O espiñento tamén se distingue por unha característica moi especial do seu comportamento: durante a época de reprodución o macho constrúe un niño para que a femia deposite os ovos. Tamén é el quen se encarga de coidar os ovos e os alevíns recentemente eclosionados.

Outras especies de peces singulares que poden verse no novo acuario son a boga (Pseudochondrostoma polylepis) e a vermelliña (Achondrostoma arcasii). A colección de fauna complétase con troitas, anguías, esturións, lampreas e diferentes especies de ras, tritóns e insectos.

Como complemento ao que se mostra no tanque, na zona inferior perimetral do módulo exponse unha colección de imaxes do fotógrafo coruñés Miguel López Caeiro. As instantáneas mostran diferentes paisaxes do río Mandeo e especies de plantas e animais que viven nas súas beiras.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións