jueves, 5 de septiembre de 2013

galegoespañol

A outra cara da vida

CULTURA FUNERARIA, ONTE E HOXE

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Segunda planta
6 setembro — 27 outubro 2013
FINALIZADA

A outra cara da vida inclúe máis dun centenar de pezas arqueolóxicas funerarias orixinais utilizadas ao longo da historia, na súa maioría, na Península Ibérica.

O seu principal obxectivo é fomentar un espírito crítico e reflexivo sobre a visión da morte como outra cara da vida e dar a coñecer como as culturas do Mediterráneo entenderon os ritos funerarios e os ajuares que elaboraron e utilizaron para este fin.

Unha exposición organizada por Grupo Mémora, CSIC y Universitat de València

La Domus presenta A outra cara da vida, unha exposición sobre a cultura e os rituais funerarios desde o Paleolítico até a actualidade.

Ajuar funerario neolítico
A colección inclúe máis dun centenar de pezas arqueolóxicas funerarias orixinais, que cobren un amplo período histórico. Entre as pezas, atópase unha máscara exipcia de 1500 a.C.

Con esta exposición quérese achegar a todos os públicos a cultura funeraria e crear un espazo que convide á reflexión sobre a outra cara da vida, a morte. A mostra, a través de diferentes ámbitos funerarios, analiza de manase pedagóxica e lúdica, á vez que crítica e reflexiva, o concepto da morte.

Ámbito 1 - A Prehistoria
Os primeiros rituais funerarios aparecen ao longo do Paleolítico Superior e convértense nunha característica fundamental en todas as sociedades humanas. En este ámbito, o visitante introdúcese nun mundo prehistórico e nos primeiros rituais funerarios: dunha cova natural, ás cámaras sepulcrais dos dólmenes; obxectos persoais, xoias, ferramentas e cerámica, permitirannos explicar a cultura e as tradicións destas sociedades prehistóricas.

Máscara egipcia
Ámbito 2 - Historia Antiga
Coa aparición das primeiras civilizacións e dos estados introducíronse novos rituais funerarios influenciados polas novas relixións e as novas crenzas no máis aló, a aparición das urnas ou o proceso de momificación. Aparecen as primeiras obras literarias e manuais sobre os rituais funerarios. “O libro dos mortos”, texto funerario composto por un conxunto de fórmulas máxicas, axúdanos a entender e estudar a sociedade do mundo clásico exipcio.

Ámbito 3 - O Mundo Clásico
Grecia e Roma caracterízanse pola práctica durante a súa historia, de dous rituais funerarios: a inhumación e a incineración. O culto aos mortos consolídase. Era deber da familia manter as tumbas e celebrar os rituais anuais en honra dos defuntos, para que os seus espíritos non perseguisen aos vivos como espectros. Cada aniversario era necesario visitar a tumba, realizar libaciones e ofrendas de alimentos en vasos furados para que puidesen chegar ao defunto que, mesmo enterrado, seguía necesitándoos para renovar a súa forza.

Ámbito 4 - Península Ibérica
Os íberos, os celtíberos ou a cultura islámica son pobos que pasaron e deixaron rastro dentro da cultura funeraria na Península Ibérica: xoias, armas e arte funeraria caracterizan estas culturas. O visitante poderá descubrir a orixe dos rituais actuais do mundo islámico influenciados polo Corán.

Ámbito 5 – A actualidade
A práctica funeraria actual é especialmente sensible ao pluralismo relixioso e de crenzas. As posibilidades dos rituais hoxe en día son amplas. Este ámbito quere ser unha guía que permita ao visitante coñecer as prácticas funerarias e as crenzas que hoxe en día están presentes na nosa sociedade e, ao mesmo tempo, ofrece ferramentas e recursos para coñecer esta diversidade.

Espazo interactivo
Pequenos e maiores finalizan a visita á mostra nun espazo interactivo onde, a través de diferentes paneis polivalentes e asociativos, poderán ampliar e aprender diferentes aspectos relacionados co mundo funerario e chegar ás súas propias conclusións.

Espazo de Reflexión
O mundo da morte convida á reflexión e á meditación; por iso, creouse un espazo onde os visitantes que o desexen poidan consultar información e bibliografía relacionada cos diferentes aspectos tratados na exposición e outros como acompañamento e superación do duelo. Bibliografía para nenos, novos, pais, educadores, profesionais dedicados ao mundo sanitario e outros ámbitos, transforman este espazo nun lugar idóneo para compartir e enriquecerse a nivel persoal.

Taller para maiores
Os días 22 e 23 de outubro, ás 17.30 horas, a Domus acolle dúas novas edicións dun taller dirixido a persoas maiores, que xa tivo lugar o 18 de setembro. A partir da visita guiada do historiador e comisario da exposición, Josep Marés, realizarase un taller de arqueoloxía experimental ao redor da cerámica e escritura na cultura ibérica.
Para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 981 189 840, de 9 a 19 horas.  A actividade é gratuíta. 

Talleres para los centros educativos y tecnología QR

A Domus e Grupo Mémora convidan os centros educativos a participar nos talleres Facemos de arqueólogos e o Rastro que deixamos. Os talleres propoñen porse na pel dun arqueólogo e seguir todas as pistas que nos dá un achado arqueolóxico; desvelar os segredos das pezas da exposición permitirá entender o noso pasado e construír o noso presente. Realizaranse de forma gratuíta, previa reserva,  a semana do 21 ao 25 de outubro, a partir da visita guiada do historiador e comisario da Exposición, Josep Marés.

A mostra incorpora tecnoloxía QR que permite ampliar a información e participar nun Xogo de Pistas en torno a Exposición. Esta aplicación, que permite aos visitantes ter unha nova canle de información, tamén forma parte dun xogo que permite coñecer a orixe e a evolución dos rituais funerarios. Así, os códigos ‘QR’ atópanse situados en seis puntos da exposición e permiten, a través do teléfono móbil ou tablet, descargar información que che proporciona as pistas para completar a frase da raíña de Exipto. Entre todos os participantes que acerten e completen de forma satisfactoria o xogo de pistas durante a súa estancia na Domus da Coruña,  sortearase un xogo de libros, unha memoria de 4G e unha reprodución dunha das pezas da colección de Arte e Cultura Funeraria Mémora, o velón paleocristiano ( S.II-IV dC).



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións