viernes, 4 de octubre de 2013

galegoespañol

Mete unha vaca no Aquarium

PARTICIPA NA CREACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE ACUICULTURA

:· BASES

1. Inspírache
Na DOCUMENTACIÓN dámosche ideas para deseñar a vaca da acuicultura.

2. Mira as normas
Comproba os REQUISITOS que has de cumplir para presentarche.

3. Participa

Descarga o bosquexo (31 KB). Imprímeo e éncheo coa túa proposta de decoración. Envíao a fran@casaciencias.org, entrégao na recepción da Domus ou mándao por correo a:
METE UNHA VACA NO AQUARIUM
Domus. Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña

Os debuxos deben ir acompañados de nome e apelidos do autor, idade, curso, centro educativo no que estuda, teléfono, dirección postal e correo electrónico de contacto.
Decora unha vaca con motivos relacionados coa acuicultura e envíanos a túa proposta até o 31 de outubro de 2013. Se o teu deseño é o gañador, servirá para pintar unha escultura a tamaño real dunha vaca que formará parte da nova exposición do Aquarium Finisterrae sobre acuicultura.

30/11/2013: O concurso xa ten gañadora. Dos 3.009 debuxos recibidos, de 91 centros educativos de toda Galicia, resultou gañador o realizado por Esperanza Valentina Castro Isdahl-Troye, alumna de 3º de ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense. [+ info]

Deseño ganador, de Esperanza Valentina Castro Isdahl-Troye


Por que unha vaca?
De xeito similar a como ocorreu no Neolítico, cando o desenvolvemento da agricultura e a gandaría constituíu unha revolución, nos nosos tempos a acuicultura representa outra revolución dos cultivos, neste caso mariños.

Así, a vaca, un dos primeiros animais que se domesticaron naquela época antiga, terían o seu equivalente actual nos peixes e demais especies do mar obxecto da acuicultura.

Por iso os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de participación escolar, co obxectivo de atopar un símbolo da revolución da acuicultura, que se incorporará ás súas salas de exposicións.

DOCUMENTACIÓN

Segue a idea das esculturas de vacas decoradas das cow parades que puideron verse en moitas cidades, deixa voar a túa imaxinación e tenta meter unha vaca no Aquarium. Podes decorala con debuxos e con relevos.

>> Reportaxe:

REQUISITOS
Destinatarios: Con esta convocatoria quérese convidar principalmente aos profesores de Educación Primaria e Secundaria a introducir este tema na aula, e ofrecer unha actividade que sirva de motivación para abordar e profundar no tema da acuicultura.

Só se poderá enviar UN DESEÑO POR PARTICIPANTE.

O prazo de participación remata o 31 de outubro de 2013



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións