viernes, 29 de noviembre de 2013

galegoespañol

Durmindo con Tiburóns

NADAL 2013

:· APÚNTATE

Se tes entre 7 e 11 anos e só temes ao aburrimento.
Pasa unha noite no Aquarium Finisterrae: desde as 20:00 até as 11:00 do día seguinte.
>> programa completo (PDF, 60 KB)

Inscríbete desde o LUNS 2 de decembro de 2013: máis información

DATAS
22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2013
2, 3 e 4 de xaneiro de 2014

PREZO
50 € por persoa

Durmiendo con Tiburones

O Aquarium Finisterrae celebra o Nadal cunha nova edición da actividade infantil «Durmindo con Tiburóns», que organiza a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.

Os nenos que participen poderán alimentar eles mesmos a tiburóns do Aquarium e durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus, ese lugar tan especial ambientado coma se fose o submarino do capitán Nemo e rodeado de mar por todas partes. Tamén realizarán talleres coa bioloxía mariña dos tiburóns.
En cada sesión poderán participar 20 nenos como máximo.


>> INSCRICIÓN:
1. Reserva de praza
Por rigorosa orde de chamada ao teléfono 981 189842
O prazo comeza o LUNS 2 de decembro de 2013 ás 8:30.
Só se poderán inscribir 3 nenos por chamada, cos datos do pai, nai ou titor de cada un.

2. Formalización
Deberán entregarse en persoa nas oficinas do Aquarium Finisterrae:
a) Formulario de responsabilidade civil (PDF, 606 KB) firmado polo titor legal.
b) Fotocopia de documento oficial que acredite a idade do menor participante: DNI, pasaporte, libro de familia ou cartilla da Seguridade Social.
c) Importe da inscrición en efectivo

A inscrición definitiva quedará formalizada unha vez efectuado o pago.
A data límite de pago será o 13 de decembro de 2013.

Os participantes deberán acudir á actividade provistos de:
  • Roupa cómoda, deportiva.
  • Mochila ou similar.
  • Elementos de aseo persoal.
  • Saco de durmir e esterilla.

Para coñecer o horario detallado e normas xerais, descarga o:



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións