miércoles, 6 de noviembre de 2013

galegoespañol

Lúa Coruña

FOTOGRAFÍA E ASTRONOMÍA

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
>> Casa das Ciencias
Planta baixa
Desde o 6 novembro 2013
FINALIZADA

Unha colección de 10 espectaculares imaxes, coas que José Caruncho rende unha homenaxe astronómica á súa cidade, A Coruña, e en particular ás paisaxes urbanas que só vemos cando levantamos a mirada cara ao ceo:
  • Edificio "La Unión y el Fénix"
  • Torre de Vixilancia Marítima
  • Concello
  • Casa Molina
  • Casa das Ciencias
  • Domus
  • Torre de Hércules
  • Castelo de San Antón
  • Guindastres do porto
  • Hospital Abente y Lago.
A Casa das Ciencias presenta unha exposición de fotografías do coruñés José Caruncho, nas que se une a Lúa con diversas paisaxes urbanas.


En 1985, cando a Casa das Ciencias abría as súas portas ao público, José Caruncho levaba un par de anos fotografando a Lúa desde da Coruña. Agora, neste museo pode verse unha selección desas instantáneas urbanas nas que a Torre de Hércules, os guindastres do porto, a Torre de Vixilancia Marítima, a Casa Molina, o Palacio Municipal, ou a mesma Casa das Ciencias combínanse con perspectivas da Lúa.

Paciencia y método
Castillo de San Antón
A exposición “Lúa Coruña” é tamén unha homenaxe a unha forma de fotografar que está a desaparecer engulida pola inmediatez dos procesos dixitais.

Cada unha destas imaxes é o resultado dun intenso traballo de planificación:
  • Se no día escollido pola posición e a fase da Lúa resultaba imposible facer a foto, non había máis remedio que esperar ao mes seguinte. 
  • Ademais, o fotógrafo tardaba horas, se é que non días, en poder ver por primeira vez a imaxe que tomara.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións