jueves, 12 de diciembre de 2013

galegoespañol

Puro Swing

XOGOS BASEADOS EN PÉNDULOS



:· EXPOSICIÓN INTERACTIVA
>> Casa das Ciencias
2ª Planta
Desde o 12 decembro 2013

Unha colección de 15 módulos interactivos que permiten xogar e experimentar con diferentes máquinas e dispositivos, para penetrarse en numerosos aspectos relacionados co movemento dos péndulos.

A exposición está producida polos Museos Científicos Coruñeses e cofinanciada coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, coa colaboración de Principia, Centro de Ciencia de Málaga e o Museo de la Ciencia de Valladolid.
A Casa das Ciencias estrea «Puro Swing», unha exposición sobre péndulos chea de experiencias interactivas.

Os visitantes poderán subirse a unha randeeira moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ver como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

:: NOTAS DIDÁCTICAS de «Puro Swing»
Unha colección de materiais multimedia para aproveitar mellor a visita á exposición.
>> Ver todas


«Puro Swing» mostra os péndulos como instrumento crave na historia da ciencia. Déronnos a primeira medida precisa do tempo: cos péndulos, os reloxos pasaron dunha precisión de máis ou menos 30 minutos a tan só uns segundos. Este salto produciu grandes logros científicos:
  • Abriu a porta á física moderna, cuxos experimentos terían sido imposibles sen cronómetros fiables.
  • Permitiu aos navegantes coñecer a súa posición na inmensidade do océano. Y
  • E tamén foi un péndulo, como o da Casa das Ciencias, o que permitiu a León Foucault demostrar que a Terra vira sobre o seu propio eixo.

Un parque de xogos
Poida que esta exposición lembre a un parque infantil... é que está deseñada con esa intención! A Casa das Ciencias sempre foi un lugar no que os visitantes de todas as idades poden explorar libremente fenómenos e mecanismos de todo tipo.

É o que fan os nenos para descubrir como funciona o mundo ao seu ao redor. Nas randeeiras, tobogáns e carruseis facemos as nosas primeiras exploracións de fenómenos como a gravidade, o rozamiento ou o movemento circular. «Puro swing» recrea eses experimentos informais e intuitivos. Coa vantaxe de que aquí hai explicacións, por se as necesitas, e ademais tamén os adultos están convidados a compartir o xogo.

Exposición cofinanciada por:




 

© 2016, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións