martes, 11 de noviembre de 2014

galegoespañol

Fauna de profundidade

MERGÚLLATE A 400 METROS

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Maremagnum
Desde o 9 de novembro de 2014
FINALIZADA

Un tanque cilíndrico de gran volume (10.000 litros) que contén especies de animais de profundidade:
  • Peixes: peixes sapo, raias santiaguesas e peixes trompeteiros. 
  • Crustáceos: bois de altura, cangrexos araña e cigalas.
  • Cnidarios: corais amarelas.
  • Equinodermos: ourizos de profundidade.
O contido do tanque produciuse en colaboración co Centro Costero de Santander del Instituto Español de Oceanografía.
O Aquarium Finisterrae mergúllase nas profundidades mariñas, e trae á superficie especies que non é doado ver no seu hábitat natural. 



O gran tanque cilíndrico do Aquarium Finisterrae viu modificada a súa temperatura, luminosidade e outros parámetros da auga para poder albergar os seus novos inquilinos:
  • A iluminación é dunha tonalidade azulada, a da luz que penetra ata os 200 metros de profundidade. 
  • E a temperatura da auga é duns 12ºC, recreando a existente a uns 400 metros de profundidade.


Lophius piscatorius
Especies
Entre as especies de peixes da nova instalación destacan o peixe sapo (Lophius piscatorius), a raia santiaguesa (Raja naevus), o peixe trompeteiro (Macroranphosus scolopax), o boi de altura (Cancer bellianus), o cangrexo araña (Paromola cuvieri), a cigala (Nephrops norvegicus), as corais amarelas (Dendrophyllia cornígera) e o ourizo de profundidade (Echinus acutus)


Tanque cilíndrico
Como complemento ao que se mostra no tanque, na zona inferior arredor do módulo exponse unha colección de fichas cos datos técnicos das distintas especies. 





 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións