domingo, 21 de diciembre de 2014

galegoespañol

Explorando o Sistema Solar

UNHA VIAXE ESPECTACULAR

:·PLANETARIO
Casaciencias
Prezo: 2€ (1 € para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove, Tarxeta Vente, desempregados e familias numerosas)
Duración: 50 minutos

«Explorando o Sistema Solar» é un audiovisual deseñado especificamente para a súa proxección na cúpula de planetarios dixitais. Presenta un percorrido por algúns lugares do Sistema Solar.

O programa conta co financiamento da convocatoria de axudas para o Programa de Cultura Científica e da Innovación 2013 da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, Ministerio de Economía y Competitividad.



É un programa de planetario que invita a facer unha viaxe pola densa atmosfera de Venus, os tubos volcánicos de Marte e algúns cometas e asteroides que en ocasións visitan o interior do Sistema Solar:



«Explorando o Sistema Solar» é un audiovisual de planetario dixital a cúpula completa. A imaxe que se proxecta sobre a pantalla produce un efecto inmersivo único, que sitúa o espectador dentro de cada escena

Ademais, fai un itinerario por algúns lugares do Sistema Solar que, a pesar da súa relativa proximidade á Terra, apenas foron explorados ata agora.

Este programa ten unha duración de 20 minutos, e a sesión compleméntase cunha presentación en directo sobre o ceo que poderemos ver nesas semanas dende A Coruña.

«Explorando o Sistema Solar» foi desenvolvido polo Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Centro Extremeño de Tecnologías Avanzadas (CETA-CIEMAT) e a produtora Eurocosmos , coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT).



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións