jueves, 11 de diciembre de 2014

galegoespañol

Investiga sobre a vacina do VIH

CURSO PARA PROFESORES | XANEIRO E FEBREIRO 2015

:· PARTICIPA

QUEN?
Para profesores de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia
32 plazas

CANDO E ONDE?
Na Domus como chegar?
14, 21 e 28 de xaneiro e 4 de febreiro de 2015
Horarios e Programa
(PDF, 2,5 MB)

PREZO
Gratis

INSCRIPCIÓN
Desde o 11 de decembro.
1. Enche o formulario de inscripción (DOC, 21 KB)
2. Envíao a domus@casaciencias.org

Máis información no 981 189840.
A selección de centros piloto e profesores participantes farase por rigorosa orde de inscrición.

CENTROS EDUCATIVOS PILOTO
Ofrécese unha gratificación de 300 € a 15 centros educativos que participen no proxecto Xplore Health.
Requisitos
Ademais de participar en todas as sesións do curso, estes centros piloto implementarán actividades de aula ao redor da sida, utilizando ferramentas de Xplore Health.
Unha vez implementadas, deberán enviar un informe describindo ditas actividades ao equipo de Xplore Health, e axudarán á súa avaliación cumprimentando uns cuestionarios que se lles facilitarán.

A Domus celebra durante xaneiro e febreiro de 2015 un curso para achegar «A investigación da vacuna do VIH» á aula, no marco do proxecto Xplore Health destinado a profesores de secundaria de Galicia.

O curso está organizado pola Domus e IrsiCaixa (Instituto de Investigación da Sida de Badalona) coa colaboración da Obra Social “a Caixa”. O seu obxectivo é facilitar ao profesorado unha actualización científica en torno ao tema da sida, e proporcionarlle tamén unha ampla variedade de ferramentas multimedia, xogos de debate e protocolos de experimentos para achegar a investigación en biotecnoloxía ás aulas.

O curso é gratuíto e hai 32 prazas para profesores de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Ademais, esta acción ofrece honorarios para 15 centros escolares que desexen participar neste proxecto europeo como centros educativos piloto.

Experimentos virtuais
As ferramentas que se utilizarán están publicadas en Xplore Health, un portal educativo para achegar a investigación biomédica á educación. O portal ofrece diferentes formatos, como experimentos virtuais en liña, videoxogos educativos e vídeos de actualidade científica.

O portal tamén proporciona protocolos de experimentos que poden reproducirse. Actualmente, estes experimentos realízanse na Domus da Coruña, CosmoCaixa de Barcelona e o Parque Científico de Barcelona. También faise unha aposta polos aspectos éticos, legais e socioeconómicos que viran ao redor da investigación, con xogos que fomentan o debate sobre estes aspectos.

Na actualidade, Xplore Health ofrece 8 módulos temáticos sobre aspectos tan diversos como o desenvolvemento de fármacos, a biotecnoloxía e a xenómica, o cáncer de pel, e a malaria e a sida entre outras.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións