martes, 30 de diciembre de 2014

galegoespañol

O ceo paso a paso

UNHA VISIÓN SORPRENDENTE DO FIRMAMENTO



:· EXPOSICIÓN
Casa das Ciencias
Planta baixa
Dende 30 decembro 2014
FINALIZADA
Unha colección de seis vídeos obtidos mediante a técnica de fotografía a intervalos ou time-lapse que permite visualizar en poucos minutos eventos que poden durar horas.

Un método moi eficaz para ver procesos que transcorren lentamente como o paso das nubes ou o percorrido das estrelas na noite.

A Casa das Ciencias estrea «O ceo paso a paso», unha exposición de seis time-lapses sobre diversos fenómenos relacionados co firmamento, dende os movementos de estrelas, planetas e satélites ata o paso das nubes ou a suba e baixada das mareas.

Esta mostra presenta as secuencias creadas mediante a técnica de fotografía a intervalos ou time-lapse, polos astrofotógrafos Oscar Blanco, Alfredo Madrigal, Angel R. Arós y Pablo Canedo.

Algunhas das tomas que forman parte desta mostra realizáronse en lugares afastados aos que os astrofotógrafos acoden en busca dos ceos máis escuros. Outras, non obstante, teñen como protagonistas a paisaxes coruñeses, dos que ofrecen unha visión inédita e sorprendente.








 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións