lunes, 22 de junio de 2015

galegoespañol

maker@domus

TALLERES PARA ESCOLARES: CURSO 2017-18

:· PARTICIPA

QUEN?
Alumnos de Primaria e Secundaria
Grupos de 32 como máx.

CANDO E ONDE?
Na Domus como chegar?
Sesións os martes de 11:00 a 12:30

PREZO
1€ por alumno.
[ver precios de visitas escolares]

Gratis para:
– Escolares do Concello da Coruña
– Todos os escolares, durante os meses de xaneiro e febreiro

INSCRICIÓN
1. Enche o formulario de inscrición
2. Espera a que contactemos contigo para confirmar a inscrición

Máis información no 981 189 840
«maker@domus» é espazo da Domus para experimentar a cultura "maker" e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a "pensar coas mans".  

Este curso ofrecemos dous talleres para grupos escolares de diferentes idades, desde 6 a 14 anos.

1. circuitos@domus 
Martes, de 11:00 a 12:30. Experimenta con baterías, lámpadas, timbres, interruptores, e moitos outros compoñentes eléctricos, para comezar a comprender o mundo da electricidade. Crea conexións eléctricas entre obxectos cotiáns e descubre outras moi sorprendentes.
Alumnos de Primaria e ESO (1º y 2º)



2. robots_pintores@domus 
Martes, de 11:00 a 12:30. Inventa o teu propio dispositivo a motor que se move das formas máis inesperadas e debuxa garabatos incribles. Constrúeo con elementos moi sinxelos e un motor que, ao vibrar, fai que o robot se mova pintando curiosos trazos.
Alumnos de Primaria (de 2º a 6º) e ESO (1º e 2º)



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións