lunes, 6 de julio de 2015

galegoespañol

Peixes de tinta

DESCOBRE A ESTAMPACIÓN XAPONESA GYOTAKU

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Artista invitad@
Dende o 1 de xullo – 31 de agosto 2015
FINALIZADA

A sala Artista invitad@ mostra 16 imaxes de peixes en gravado de impresión única. Unha técnica moi usada en Asia, en xaponés Gyotaku (gyo-tah´-koo), nos carteis dos produtos que se venden nos mercados.
  • Raia (tinta chinesa e acrílico sobre papel de arroz)
  • Cabracho (acrílico, lapis e acuarela sobre papel de arroz)
  • Castañeta (tinta de lura e acuarela sobre papel de arroz)
  • Robaliza (tinta de lura e acuarela sobre papel de arroz)
  • Ollomol (acrílico sobre papel de arroz)
  • Boi de mar (acrílico e acuarela sobre papel de arroz)
  • Xurelo (tinta de lura e acuarela sobre papel de arroz)
  • Rodaballo (tinta de lura e acuarela sobre papel de arroz)
  • Sargo (tinta chinesa, lapis e acuarela sobre papel de arroz)
  • Peixe sapo (tinta de lura e acuarela sobre papel de arroz)
  • Choupa (tinta de lura, lapis e acuarela sobre papel de arroz)
  • Lura (tinta de lura, lapis e acuarela sobre papel de arroz)
Peixes de tinta como nunca os imaxinaras no Aquarium Finisterrae. Gravados usando o propio peixe como matriz, para xerar orixinais imaxes a base de tinta, acrílico, acuarela e lapis.



Gyotaku (gyo-tah´-koo), termo que significa fregar e peixe en xaponés, consiste en xerar un monotipo (gravado de impresión única) usando un peixe como matriz. É unha forma de estampación tradicional moi estendida nalgúns países asiáticos, que inicialmente practicaban os pescadores para realizar carteis dos produtos que vendían nos mercados.

Actualmente é tamén unha actividade popular nas escolas, festas e programas turísticos de zonas costeiras, sendo unha experiencia creativa e unha forma divertida de dar a coñecer as especies mariñas para todos os públicos.

Neste traballo que se presenta no Aquarium Finisterrae, os autores percorreron un proceso para descubrir como mediante a estampación se poden destacar as características dos animais. O que de entrada aparentaba ser sinxelo, rematou por requirir a atención a numerosos detalles. As pequenas variacións de tinta e, sobre todo, a diferenza de presión á hora de realizar o goytaku provoca que cada imaxe sexa diferente e que cada estampa teña un carácter único.


Sargos
Os autores
Esteban Bernárdez é ilustrador e fotógrafo, formado na escola Pablo Picasso da Coruña e na escola de Artes e Oficios de Vigo.

Esteban Fuentes é arquitecto, titulado na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Pintor autodidacta, complementou a súa formación con cursos de gravado e pintura no Museos de Belas Artes da Coruña.

Máis imaxes aquí








 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións