martes, 22 de diciembre de 2015

galegoespañol

O nunca visto

Imaxes do extraordinario

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
Decembro 2015 - xuño 2016
FINALIZADA

Son 50 imaxes que representan diferentes visións do mundo que nos rodea, encadradas nos cinco apartados seguintes: fenómenos, lugares, obxectos, momentos e seres vivos.

Son instantáneas difíciles de obter, capturadas por algúns dos mellores fotógrafos do mundo. Poden ser o resultado dun disparo de cámara perfectamente medido, ou de semanas, meses ou mesmo anos de preparación.

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle unha exposición de fotografías da National Geographic Society, que recolle imaxes extraordinarias tanto pola súa beleza como pola súa rareza.



Esta nova perspectiva do mundo inclúe unha imaxe moi próxima, a titulada "Habitación con vistas" de Manuel Paz Castañal. Unha imaxe captada desde o outro lado da rúa aos convidados á inauguración dunha exposición fotográfica en Santiago de Compostela.





FENÓMENOS
Os sucesos extraordinarios ocorren no mundo natural a diario, haxa ou non haxa alguén para presencialos. Pero ás veces está un fotógrafo que os captura, e o resultado é sorprendente.

>> Nesta instantánea un inusual arco iris dobre sobre o glaciar Perito Moreno da Patagonia, en Arxentina.


LUGARES
Da man dos fotógrafos viaxamos a lugares afastados, a sitios que nunca explorariamos por nós mesmos. Canto máis lonxe imos, máis nos sorprendemos, por exemplo coas escenas impactantes que a natureza esculpiu. E non é só a natureza insólita a que nos admira, senon tamén o común visto no momento xusto.

>> Foto dunha paisaxe que moi poucos verán, cos pés colgando sobre o horizonte de Hong Kong.




 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións