lunes, 21 de diciembre de 2015

galegoespañol

Programación Nadal 2015

PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE NADAL (21 decembro—5 xaneiro)



***Lembra que PECHAMOS os días 25 de decembro, 1 de xaneiro e 6 de xaneiro***

Ademais das exposicións, proxeccións e actividades habituais (Que ver | Horarios), 
este Nadal os Museos Científicos Coruñeses ofrecen:

Cine 3D:
Na Domus, 4 sesións cada día.
(21 decembro — 31 decembro)
Na Domus, 3 sesións cada día.
(2 xaneiro — 5 xaneiro)
ver Carteleira

Planetario dixital:
Na Casa das Ciencias, 4 programas de planetario cada día.
(21 decembro — 31 decembro)
Na Casa das Ciencias, 3 programas de planetario cada día.
(2 xaneiro — 5 xaneiro)
ver Carteleira

Actividades:
No Aquarium Finisterrae.
De luns a venres:
Visitas guiadas ás 11:00 e ás 16:30.
Taller de bioloxía mariña "Tiburóns en familia" ás 13:00 e ás 18:00.
(21 decembro — 31 decembro)
Visitas guiadas ás 11:00 e ás 16:30.
Taller de bioloxía mariña "Tiburóns en familia" ás 13:00.
(2 xaneiro — 5 xaneiro)
ver Axenda

Exposición fotográfica:
No Aquarium Finisterrae.
"O nunca visto", fotografías extraordinarias de National Geographic.
Desde o 22 decembro.

Recital-concerto:
No Planetario da Casa das Ciencias.
Recital para público infantil, de Félix Arias.
22 decembro, ás 19:30.

Concerto:
Na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae.
Para familias con bebés, de Xabier Díaz Carro.
27 decembro, ás 12:00.

Concerto:
Na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae.
Cuarteto de jazz, dirixido por Rubén Barros.
30 decembro, ás 20:00.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións