lunes, 14 de marzo de 2016

galegoespañol

Merendas no Aquarium

PRIMAVERA 2016

:· PARTICIPA

CANDO E ONDE?
No Aquarium Finisterrae.
Fins de semana
2 abril—19 xuño 2016.

PREINSCRICIÓN
Necesítase preinscrición previa,
que se poderá facer o xoves 17 de marzo de 8:30 a 15:00, neste formulario online. Finalizado o prazo de preinscrición, só contactaremos por correo electrónico cos que obteñan praza, o resto de solicitudes pasará a formar parte da lista de espera.

PREZO
A actividade custa 4 €.
Esta taxa é a entrada reducida ao Aquarium Finisterrae.*

* Os titulares de Tarxeta Vente e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias non pagan.
O Aquarium Finisterrae lanza unha nova edición de "Merendas no Aquarium", unha actividade pensada para nenas e nenos de entre 4 e 13 anos (nacidos entre o 01/01/2003 e 31/12/2012), que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do Acuario.

Ciencia e chocolate con churros
Sábados e domingos ás 16:45
Duración: 2h

Taller de gyotaku
Os participantes de maior idade realizarán un taller de gyotaku, unha técnica de impresión para xerar un monotipo (gravado de impresión única) usando un peixe como matriz.



Taller de reciclaxe
Os máis pequenos farán un taller sobre cefalópdos e reciclaxe, no que aprenderán sobre estes animais mariños e crearán polbos e luras con materiais de refugallo.



Participar
Para participar nas Merendas, é imprescindible que sexa a nai/pai/titor do menor o que o preinscriba neste formulario online. Só poderase preinscribir como máximo a dous menores por solicitude, para o que é preciso achegar os seus nomes e apelidos, datas de nacemento e DNI (se o teñen), así como o nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono do pai/nai/titor.

Entrada reducida
Cada nena ou neno deberá abonar unha entrada reducida ao Aquarium Finisterrae (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratuíta para as nenas e nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares do Cartón Vente.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións