lunes, 21 de marzo de 2016

galegoespañol

Planta ou animal?

ANIMAIS QUE PARECEN PLANTAS

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Aquarium Finisterrae
Sala Maremagnum
Desde marzo de 2016

Un tanque cilíndrico de gran volume (10.000 litros) contén animais mariños que parecen plantas:
  • Gorgonias: gorgonia sarmiento, gorgonia branca.
  • Anélidos: plumero de mar.
  • Cnidarios: cenoria de mar, mans de morto.
  • Crustáceos: cangrexo de porcelana.
Esta primavera, no Aquarium Finisterrae "florecen" animais mariños que parecen plantas



Os antigos biólogos mariños chamaban zoófitos, ou animais-planta, a moitos seres mariños que non sabían clasificar nun ou outro Reino. Actualmente xa coñecemos a natureza destes seres, algúns deles aparecen nesta exposición temporal na Sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae.


Leptogorgia sarmentosa
Especies
Entre as especies que habitan o tanque cilíndrico destacan o plumero de marSpirographis spallanzani– (imaxe de arriba), a man de mortoAlcyonium digitatum–, a cenoria de marVeretillum cynomorium – ou a gorgonia brancaEunicella verrucosa –.

A gorgonia sarmentosaLeptogorgia sarmentosa– vive en fondos rochosos e en zonas con pouca luz (como son os diques de abrigo dos portos) podendo atoparse ata os 30 ou 40 metros de profundidade.





Veretillum cynomorium
A cenoria de marVeretillum cynomorium– habita en fondos brandos e caracterízase por estar formada por un pólipo primario que ten base con forma de talo e que se ancora ao substrato. Este pólipo primario dá orixe ao resto de pólipos que conforman a colonia. A colonia é alongada e de cor amarelada ou laranxa avermellada, podendo alcanzar unha lonxitude duns 50 cm.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións