viernes, 22 de julio de 2016

galegoespañol

Vida azul. Blue life

Imaxes da vida cotiá submarina

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
>> Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
Desde xullo de 2016

Son 70 imaxes que captan momentos da vida cotiá de diferentes especies de seres vivos mariños tomadas por fotógrafos submarinos de prestixio internacional, como Norbert Wu, Flip Nicklin, Ingo Arndt, Birgitte Wilms ou Hiroya Minakuchi, e procedentes do banco de imaxes ASA-Minden Pictures.

Exemplares de diferentes especies, tanto de vertebrados como de invertebrados, foron captados alimentándose, aseándose, descansando, viaxando ou reproducíndose.

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle unha exposición de fotografías que recolle momentos da vida cotiá de diferentes especies de seres vivos mariños, tomadas por fotógrafos submarinos de prestixio internacional.



Ademais da excepcional calidade e espectacularidade das instantáneas, un dos grandes atractivos da exposición é que permite ao espectador asomarse á vida cotiá dunha gran variedade de animais mariños. Exemplares de diferentes especies, tanto de vertebrados como de invertebrados, foron captados alimentándose, aseándose, descansando, viaxando ou reproducíndose.







 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións