miércoles, 28 de junio de 2017

galegoespañol

World Biotech Tour 2017

A DOMUS PARTICIPA NUN PROXECTO INTERNACIONAL SOBRE BIOTECNOLOXÍA

:· DETALLES

¿CANDO E ONDE?
FESTIVAL BIOTECNOLÓXICO
29 e 30 de setembro de 2017
Na Domus ¿como chegar?

EMBAIXADORAS/ES
Ana Areoso López
Silvia Bello Vieites
Rebeca Carreira Cotelo
Diego Dozo Domínguez
Rocío Fernández Bellón
Rodrigo Fernández Fernández
Nerea García López
Tanis Gemperle Ares
Gloria Guindos Bretones
Rebeca Pena Ríos
Andrea Vázquez Losada
Sergio Vilariño Porto
Noa Viñas Barciela

MENTORES/AS CIENTÍFICOS
- Aqualgae
- Javier Amestoy (Instituto Médico Arriaza & Asociados)
- Daniel Fernández (Qubiotech)
- David Freire Moar (HM Modelo)
- Alexandre de la Fuente González (Nasasbiotech-IDIS)
- Grupo de Medicina Xenómica de Campus Vida
- Luis Mariñas Pardo (Centauri Biotech)
- Nanogap
- Esther Rodríguez Belmonte do CICA
- Jaime Rodríguez González (CICA-Advanced Sciences Research Centre)

MENTORAS/ES ESCOLARES
Covandonga Bárcena do IES de Pastoriza
Margarita Bueno y Jesús García do IES As Telleiras
Javier Caamaño do CEIP dos Dices
María José Mosquera do IES Agra do Orzán
Marta Rúa e Jose Viñas do IES David Buján

Máis información AQUÍ




World Biotech Tour é unha iniciativa da Fundación Biogen, co respaldo da ASTC (Asociación de Centros de Ciencia e Tecnoloxía), que ten como obxectivo divulgar temas relacionados coa biotecnoloxía en museos e centros de ciencia. A biotecnoloxía resolve problemas en moitos campos, desde a saúde e o medicamento ata a agricultura e a enerxía, e con este proxecto preténdese incrementar o seu impacto e visibilidade entre a xuventude e o público en xeral.  

Entre 2015 e 2017, a ASTC e a Fundación Biogen elixiron, a nivel internacional, 12 centros de ciencia (3 no 2015, 4 no 2016 e 5 no 2017) para realizar actividades relacionadas coa biotecnoloxía.

Xunto á Domus, para o World Biotech Tour 2017 foron seleccionados o museo Copernicus de Varsovia, o Heureka de Finlandia, o Museu dá Vida de Río de Janeiro e o Sci-Bono Discovery Centre de Johannesburgo.

As actividades anuais do World Biotech Tour céntranse no Programa de Embaixadores e no Festival Biotecnolóxico.

1. Programa de embaixadoras/es
Cada centro de ciencia selecciona a un equipo de estudantes, de entre 14 e 18 anos, que deben desenvolver e presentar un tema sobre biotecnoloxía. Despois expoñerán os seus traballos aos visitantes da Domus, colexios e á comunidade en xeral durante o festival biotecnolóxico.



2. Festival biotecnolóxico
O venres 29 e o sábado 30 de setembro, na Domus, terá lugar un festival biotecnolóxico aberto a todo o mundo, onde os 13 embaixadores/as presentarán os seus traballos sobre biotecnoloxía. Un deles será seleccionado para asistir ao Cume Mundial de Centros de Ciencia, que se celebrará en Xapón en novembro de 2017, xunto co resto de embaixadores elixidos nos demais países participantes.



 

© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións