jueves, 25 de enero de 2018

galegoespañol

Ceos galegos

IMAXES DO FIRMAMENTO DE GALICIA

:· ASTRONOMÍA
Casaciencias
Planta baixa
Desde dicembro de 2017

A exposición consta de 8 fotos realizadas por nove astrofotógrafos e astrofotógrafas, que orixinalmente ilustraron o calendario Ceos galegos.

Fotógrafos e fotógrafas
– Dani Caxete
– Óscar Blanco Varela
– Noa Táboas
– Miguel Ángel
– Ángel D. R. Aros
– Fernando Rey Daluz
– Diego López Calvín
– Otto Roca



O proxecto Ceos galegos nace en outono de 2017 coa idea de facer un calendario astronómico de Galicia. A idea inicial pronto ampliouse, para mostrar, ademais do ceo galego, as paisaxes nocturnas, a meteoroloxía ou os fenómenos extremos de Galicia.

Todo coa fin de difundir, comunicar e divulgar a ciencia. Tamén para contribuir a concienciar sobre a protección dos valores naturais, culturais e turísticos do ceo.

A exposición fotográfica da Casa das Ciencias mostra 8 das 12 imaxes que compoñen o calendario Ceos galegos.



CAMIÑOS DO SOL

«Un papel fotográfico nun bote de aluminio cun pequeno buraco serve de cámara estenopeica; semellante aos primeiros aparellos fotográficos. Apuntas cara o suroeste e despois de varios meses tes unha solarigrafía.

O sol impresiona directamente o papel, distinguindo a súa diferente altura no ceo segundo pasan os meses, os días de nubes, e a variación dun punto de amencer. Apuntamos cara o faro de Corrubedo e a postal está completa.»

Texto de Diego López Calvín e Otto Roca



 

© 2018, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións