martes, 30 de enero de 2018

galegoespañol

Mar de plástico

LIXO MARIÑO RECICLADO EN OBRAS DE ARTE

:· EXPOSICIÓN TEMPORAL
Aquarium Finisterrae
Sala Isabel Castelo
Desde dicembro de 2017

Son 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas, e producidas pola Asociación Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro, ,


«Mar de Plástico» é unha iniciativa incluída no Programa Obxectivo 14 do Aquarium Finisterrae, que engloba as exposicións, actividades e talleres do museo destinadas a contribuír a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 da ONU, relacionados coa conservación do océano.
A sala Isabel Castelo acolle unha exposición para concienciar á cidadanía sobre o gran problema ecolóxico, ambiental e socioeconómico que supón o lixo plástico mariño.



A produción de obxectos de plástico, que son omnipresentes nas nosas vidas, non para de crecer. Como resultado, cada ano producimos máis e máis lixo sintético. Dado que o océano foise convertendo nunha especie de vertedoiro global, gran parte deste lixo acumúlase nos ecosistemas mariños.

Os oceanógrafos e oceanógrafas da expedición española Malaspina comprobaron que non existe un só recuncho do océano no que non haxa plástico. Detectárono en todas e cada unha das 3.070 mostras que recolleron ao redor do mundo.

  



concienciación cidadá
Para concienciar á cidadanía sobre este gran problema ecolóxico, o Aquarium Finisterrae organiza e exhibe a exposición «Mar de Plástico» coa Asociación Mar de fábula e o colectivo RetoqueRetro. Mar de fábula é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á conservación do océano. O seu voluntariado organiza actividades de limpeza de praias e sensibilización pública sobre o problema que supón o lixo mariño.



 

© 2018, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións